2013/10/23

2ª xornada da LNB NorLeste. Os Carabullo Profetas na súa terra.


  Ponte de Outeiro, Muimenta 19 outubro de 2013

O agardado aberto “A terra non se vende”, de Ponte Outeiro non defraudou a ninguén; pola contra, foi moi numerosa a presencia de palanadores/as que con puntualidade desacostumada  se achegaron ao lugar.
Por mor da cantidade de auga que nos deixou a noite pasada e que o chan non foi quen de zugar na súa totalidade, numerosas pozas quedaron a vista e daquela foi preciso acortar as pistas de xogo para alomenos ter un punto de saída aceptable.
Os equipos tiñan adiantado a lista de xogadores polo que se puido facer o sorteo inmediatamente e menos mal, porque ainda así casi nos colle a noite ca xornada sin rematar.  Nas carreiras de desempate para os primeiros postos xa non era doado acertarlle a billarda por falta de luz natural.
Cos primeiros golpes xa se puido ver a dificultade para levantar a billarda, subliñadamente na pista a carón do río que una volta tras outra poñía en perigro a estabilidade dos palanadores/as, ata tal punto que mais de un deu de fuciños no chan logo de facer incribles piruetas tentando manter sin éxito a verticalidade.
Por mor de todas estas dificultades, ninguén foi quen de acadar o pleno nesta xornada e a colleita de “varados” foi pequena, so tres varados en toda a tarde; quen o tentou una e outra volta sin sorte foi Pepe de Meira, especialista en tiros longos e non tanto nas distancias cortas. Os incribles erros a pe de varal privárono do pleno en Ponte Outeiro, estou certo que lembrará  esta xornada por moito tempo.
Como positivo temos que subliñar a incorporación dun novo equipo a liga do NorLeste: Os Cruzados, un equipo mixto, xoven e dinámico que engadiron frescura e loitaron bravamente. Parabéns.
Tamén os equipos de Madia Leva e O Cadaval estiveron presentes neste aberto, pero sin dúbida quenes mais se fixeron notar foron os Carabullos.
Donde quera que puxeras a ollada non se vía mais que auga no chan e carabullos a feixes… carabullos de buxo, carabullos de teixo, carabullos de toxo…  madialeva!... con tanto carabullo quen iba gañar? Por suposto…os carabullo!!  e por riba xogaban na casa.  ASI NON SE PODE HOM !
Naide llo puxo fácil nembargantes, si o quixeron tiveron que loitalo carreira a carreira de xeito que so un deles, Charli, foi quen de chegar  con posibilidades de pleno a derradeira carreira; acompañarono nesta xesta Xerman de Ekipa Bitere e Kiko de O Cadaval.
Xermán quedou fora da loita ao verse superado por Pepe Outeiro que ata o momento mantiña o seo casilleiro con cero puntos.
Pola súa banda Regueiro tiroulle un empate a Charli e Chousa fixo o propio con Kiko, de xeito que ninguén fixo pleno pero este empate si lles permitiu loitar polos postos de honra nun desempate cos outros tres palanadores que tamén acabaron con nove puntos e que foron Franco de Billardeiros Musicais, Cortón de O Cadaval e Noé de Troitas Bravas.
En canto as donas, tamen sufriron dabondo e en xeral baixaron o rendemento, so Reyes (que recuperou o terrero perdido en Burela), Maricarmen e Ana aguantaron o tipo ata o final.
Nas dúas carreiras de desempate e co oscuro manto da noite gañando terreo con pasos de xigante, foi donde Charli meteu a directa, con dous varados que mais que verse, ouvíronse, saiu como Campión  deixando a Kiko no segundo posto e Noé pechou o podio.
Por equipos foron os locais “Carabullo de Teixo” quenes se auparon ó primeiro posto na xornada ao sumar un punto mais que os “Billardeiros Musicais”, estos nembargantes siguen ao fronte da clasificación.
Os gañadores recibiron como agasallo uns fermosos e orixinais trofeos, una árbore e mais una botella chea de fabas de O Guardarríos. A equipa vencedora levouse unha cesta con productos ecolóxicos.
E para finalizar a xornada unha convidada con petiscos e viño para todos e como logo da panza ven a danza, pois eso, soaron as gaitas e as panderetas que deron pé os bailes e os cánticos perante un bo anaco. Todos contentos e ca “satisfacción do deber cumprido”, abandoamos o lugar xa pensando na próxima cita que será na praza dos fornos de A Pontenova o sábado 26 de outubro. Agardamos por todos vos.
Parabéns a todos pola puntualidade, a ver si conseguimos seguir así, so me queda recordar que as medidas do palan son 60 cms. de longo por entre 1,5 e 3 cms, de groso e as da billarda entre 18 e 25 cms. de longo por  entre 1,5 e 3 cms. de groso e digo esto por varias queixas que xurdiron e ainda que nadie fixo reclamación non quita que no sucesivo se fagan e haxa que retirar os puntos a xente que non usa o material axeitado. O regulamento é para todos e temos que cumplilo.

No hay comentarios: