2013/12/03

VI Copa Cantábrica


O sábado 30 de novembro celebrouse en Piedras Blancas-Avilés a disputa da  VI edicción da "Copa Cantábrica" de billarda-liriu (o equivalente a billarda en Asturias é o liriu). 
Os palanadores/as que acudiron a chamada do seleccionador Manolo Flores, deronse cita como xa é costume, na estación de buses de Ribadeo para cruzar en caravana  a Pote do Santos cara a Asturies. Estos foron os gladiadores que conseguiron reconquistar a Copa:
Dos Carabullo, Andrea, Sofía e Isma; de Ekipa Bítere, Flores, Xerman e Xosiño de Tropa Lixeira, Hervi, Xosé e Richar; dos Remourelle Bulls , Lucia e Suso; dos Billardeiros Musicais, Geni, Daniel e Suso Coedo.  Tamén foi Muriego dos Bulls, que cambiou o palán pola machorra e xogou no bando contrario convertíndose nun gran reforzo para a selección de Asturias, ainda que a súa meritoria participación non foi dabondo para superar os galegos.
          Este torneo intercomunitario que se ven celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2008, foi gañado por Galiza en cinco ocasións e so en dúas quedou en Asturies que é donde estaba actualmente.
           A fazaña de que a copa Cantábrica volva a cruzar a Ponte do Santos e maior si temos en conta que xogamos non contra un varal senón o  "encastrau", modalidade a que xogan en Asturias e que consiste non na forza senón na maior habilidade para meter a billarda dentro de un aro. Non é tan fácil como parece i elos están moito mais afeitos que nos, pero abofé que demos a talla.
Dende o sábado o trofeo permanece exposto na sede central da LNB do NorLeste: a Taberna de Lola en Remourelle.
O encontro disputouse por enfrontamente entre parellas a 60 carreiras, eles comenzaron sendo so seis logo chegou Juan Carlos e xunguiuse ao equipo. Ao seren menos iban repetindo xogadores polo que cada un xogou casi o doble de carreiras ca un dos nosos. Cada carrreira gañada sumaba un punto, o empate ou a perda non contabilizaba.
Deste xeito a selección Asturiana que formaba con Lili, Pepa, Hevia, Juan Carlos, Serxio, Xosin, e o citado Muriego, comenzou forte, dominando carreira tras carreira. Parecia que tiñan as billardas teledirixidas cara o castru e pouco a pouco aumentaba a diferencia de puntos. Eran os amos e donos do encontró, tal é así que a falta de once puntos por disputar, os asturianos gañaban de cinco.
Nembargantes ao vérense superiores, quizais pensando que xa tiñan o trofeo no peto, relaxáronse mais do que era menester e víronse sorprendidos polo empuxe e bravura dos palanadores galegos  que rexurdían en cada lance e jaleados constantemente polos seus, foron quen de consolidar unha espectacular remontada que os levou en volandas cara ao  triunfo final con tres puntos de vantaxe.
  As cámaras da RTPA foron testigos da fazaña, pois estiveron toda a maña seguindo as incidencias do xogo para un programa especial de "La Bolera" que en breve se emitirá pola canle asturiana.
Logo da tradicional fabada para o xantar, xogouse un novo aberto, desta volta ca disputa de un lacón.
Fixéronse catro grupos dos que logo de xogar cinco carreiras pasaba o primeiro e o mellor dos segundos para entre eles xogar de novo, desta volta xa a final tamen a cinco carreiras.  Pasaron como primeiros  Daniel, Segio e Xermán do cuarto pasaron Hervi e Coedo cos mismos puntos. A pata do porco tamen  cruzou a Ponte pois foi Xermán quen se fixo con ela ao gañar nunha apretada final. 
            Ca interpretación dos hinmos correspondentes polos gaiteiros de ambas comunidades (Xosín e Daniel),deuse por finalizada a xornada quedando emplazados para una nova edicción: a "VIII Copa Cantábrica"

No hay comentarios: