2014/01/03

5ª xornada da LNB NorLeste

Un galo moi viaxeiro ou da Faxarda rumbo a Adina (San Xenxo)

         Por pequenos inconvintes que non ven o caso comentar, non saiu esta crónica cando tiña que sair no blogue ainda que si o fixo noutros medios (cronica3, Deportes Ribadeo, etc.).
         Vamos logo cun pequeno resumo do acontecido na tarde do domingo 15 decembro no campo de futbol da faxarda donde se disputou o Aberto do Galo na súa VII edicción, correspondente a 5ª xornada da liga regular de billarda da conferencia NorLeste.
O sol brilaba con forza nun ceo completamente azul cando deu comezo a xornada billardeira, mais paseniño se foi escondendo por detrás do gaiteiro de Santa Cruz o que provocou que a temperatura fose baixando, sen prisa pero sin pausa. Disque o termómetro, chegou a marcar frio a mazo.
Moitos palanadores/as repartidos en tres pistas
          De novo afluencia masiva de palanadores en pos do galo, en total sesenta e seis gladiadores en feroz loita deportiva por pillar e levar o galo para a súa mesa de Nadal, pero vese que  a Mondoñedo esquenceulle cortar as ás do cantadore  que tomou cara ao Salnés. Foi o Luis, mais coñecido por Pirucha, quen se fixo co preciado trofeo, confirmando o fenomenal momento deportivo que atravesa.
Luis Pirucha recibindo o galo de mans do Apalpador
Malia a puntualidade que vimos amosando, o xogar en herba ralentiza moito a competición e cando demos rematado  era case noite. Houbo que habilitar 3 pistas simultaneas para axilizar o xogo pero ainda así foi necesario axudarse  dos focos do campo para rematala xornada en condicións aceptables. Só se votou en falta un pouco mais de decisión da xente en colaborar a hora de arbitras as carreiras, calquera pode e debe facelo, é una parte mais do xogo e non podemos cargar  todo o peso sempre nas mesmas catro ou cinco persoas, ao tempo arbitrar una carreira fai que vexamos o xogo dende outra perspectiva e que vivamos mais de perto a competición. E logo, a sensación de sermos todos útiles a un proxecto común é una gozada!  Quén ainda non o fixo, ten que probalo.
As cinco carreiras xogadas deixaron sensacións moi variadas nos palanadores segundo lles fora nelas, así algúns dos favoritos, nas primeiras de cambeo xa se viron fora da loita sorprendidos por un rival mais acertado ou por unha trastada do blando e irregular terreo de xogo que fixo alguna das súas.
Xerman 2º clasificado
Tres foron os palanadores que acadaron o pleno de carreiras gañadas: Luis do equipo Gharabotos, Regueiro de Troitas Bravas e Xerman de Ekipa-Bítere. O bailarín da Pastoriza tivo que ausentarse sin disputala final e ficou no terceiro posto.
 
O man a man final estaba servido entre Xerman, un histórico que rexurde e ó palanador errante do Salnés Luis Pirucha, que anda na procura de bater tódolas marcas habidas e por haber na billarda
Na primeira carreira tomou vantaxe o Gharaboto, na segunda rematan en empate e  na terceria que tamen remata empatada, Luis proclámase vencedor do aberto e señor do galo de Ribadeo 2013.
Moitos foron os que empezaron  e poucos os que resistiron ata o final.
 De seguro que Xermán botou en falta o empuxe dos xeareiros que masivamente tiña escorrentado o frio e o deixaron moi desarbolado fronte a un loitador incansable como Pirucha. Así pois gañador do aberto Luis, segundo Xermán e terceiro Regueiro.
Billardeiros Musicais  representados por Franco, 1º en Equipos 
Por equipos de novo os Billardeiros Musicais gañan a xornada e amplian ventaxe ao fronte da clasificación.
De varados non falamos, estiveron tan caros como o marisco nesta datas e brilaron pola súa ausencia nesta xornada. Non houbo ninguén que traspasara o varal dun so golpe.
Bo Nadal a todos e que teñades un Novo Ano cheo de ledicia donde non falte a billarda. E xa que tamos en tempo que os Reises Majos sexan xenerosos.

No hay comentarios: