2014/05/20

Conxo 2014.


     As tan agardadas finais da LNB xa están aquí, o domingo voarán as billardas novamente nos ceos de Conxo logo da fantástica experiencia de Marrozos do ano pasado, voltamos a cancha orixinaria.
     Eiquí deixamos constancia dos acordos que resultaron das reunión con membros das distintas conferencias. Por separado primeiro, unificadas e consensuadas no All Stars de Carballo e ratificadas no Xerro do Salnés en Xil.
DERRADEIRA XUNTANZA  PREPARATORIA DAS FINAIS DE CONXO 2014.
EN XIL  a 26 DE ABRIL DE 2014
Play Off finais:
Problemas de última hora fan que as finais previstas para Marrozos teñan que voltar a disputarse en Conxo, ainda que se considera a posibilidade de cambiar para o ano dependendo do apoio dos concellos, Teo por exemplo e un dos posibles a ter en conta.
Cada conferencia terá 2 representantes e 4 árbitros dispoñibles. Os representantes estarán presentes nos sorteos e solventarán calquera duda ou reclamación.
Inclúse a categoría infantil que se simultaneará coa final de donas. Non se pon límite de participantes dado que nalgunhas conferencias non xogan nenos. Farase o sorteo in situ dependendo do número de cativos que vaian.
Nas demás categorias repartense os postos como sigue:
 CONF.          EQUIPOS   ABSOLUTA    DONAS   VARADOS
ALL  STARS    ---                2 (*)                ---             ---
Andalucía                       4                     2               2
Centro            2 (**)       10                     5               4
NorLeste        2               14                     7               7
NorOeste       2 (               8                     3               3
Rias Baixas     2               14                     9               7
Sur                   2               12                     6               5        
TOTAL           11               64                   32             28
(*) Ao estar clasificados os gañadores, pasan os seguinten que son Viana e Xose Miguel.
(**) Si se comprometen a facer 2 equiposo senón irá soo 1.
De producirse baixas, as prazas libres ATA O MÁXIMO ESTABLECIDO, serán ocupadas polos seguintes palanadores mellor clasificados en cada conferencia.
Os equipos que non alcanzen os 6 xogadores para a final, poderan incorporar xogadores  sempre que estos non  xogasen noutros equipos nesta tempada. Si non alcanzan o número de seis, o grupo no que iría encadrado o(s) faltant(es) quedaría(n) cun xogador menos.
Os xogadores inscritos nun equipo so poderían  clasificar en calquera das categorías na conferencia a que perteneza  o seu equipo, non permitíndose saltos de conferencia ou clasificacións en distintas conferencias.
Considerase necesario incidir mais una vez, na obligatoriedade de respectar as medidas regulamentarias en paláns e billardas.
Paláns de 60 cms. de longo (considerarase válida una variación  do 0,1 % por defecto, e decir de 59,4 cms. a 60,00 cms. e entre 1,50 e 3,00 cms. de gordo (a empuñadura do palán poderá ir protexida ou non ainda que a protección exceda un pouco dos 3,00 cms.).
Billardas entre 18,00  e 25,00 cms. de longo e 1,5 a 3,00 cms. de gordo.
Calquera reclamación dun xogador será supervisada polos representantes das conferencias e o infractor perderá os puntos acadados.
Limítase o número de golpes por carreira a catro e puntuase 4,3,2,1 e 0.
En varados faranse 4 grupos e xogarase por sorteo en 4 campos a una única volta de cinco tiros por palanador, de non conseguir entrar nadie, acurtarase a distancia e farase outra volta. En caso de empate, segunda rolda a 3 tiros.
Sistema de xogo: 
Absoluto:  8 grupos de 8 xogadores/as,  3 CARREIRAS a un máximo de  4 GOLPES.
Puntuación:  4-3-2-1-0 PTOS (Non se darán ptos. por proximidade, ou sexa, quen non entre non puntúa). Pasan á segunda fase os 4 primeiros de cada grupo
 CRUCES ELIMINATORIO:  2 CARREIRAS,   4 GOLPES (se non entra ningún/ha ganará o/a que estea máis cerca da liña do varal.  1º DESEMPATE: 1 CARREIRA.  2º DESEMPATE: O GOLPE mais longo. Haberá 1º, 2º e 3º posto
           Donas:  4 grupos de 8 xogadoras.  Igual que o absoluto.
           Infantil: 2 grupos de 8-10 xogadores/as.  Pasan os 4 primeiros/as de cada grupo e faise igual que os outros.
           Equipos:   6 grupos de 11 xogadores/as.  3 CARREIRAS.  4 GOLPES.  4-3-2-1-0 PTOS (quen non entre non puntúa). Realizarase un sorteo público para a formación dos grupos da primeira fase con cabezas de grupo.
            Que coma sempre disfrutemos dunha xornada festeira de deportiva loita e que o bo tempo nos acompañe. Sorte a todos

No hay comentarios: