2014/05/14

XI xornada da LNB NorLeste


V “Aberto do Coello de Suso”. Remourelle 10 maio 2014





Con grande e desbordante emoción se viviu a derradeira xornada da LNB da conferencia NorLeste en Remourelle nunha agradable e soleada tarde, donde quedou sobradamente demostrado que fai falla loitar ata o final para tentar de conseguir o obxetivo. 
Rubén Sánchez cos Campións Billardeiros Musicais
Billardeiros Musicais xa proclamados campións por equipos, quedaba saber si os primeiros clasificados en individuais, que dependían de si mesmos, eran quen de aguantar a presión e manter alonxados os seus rivais. 
A tarde nembargantes non lles foi propicia a ningún deles e tanto Daniel como Geni deixaron, moi o seu pesar, os primeiros postos aos seus compañeiros de equipo Juan e Reyes respectivamente que tiveron mellor día e non deixaron pasar a oportunidade de se converter en gañadores da tempada.
 En varados pola contra, Santi sí se portou e desmostrou ser o mellor en tiros directos cerrando a tarde con dous novos varados que conseguiu na soleada pista de Remourelle.
Antes de comenzar a xornada deportiva, a sede oficial da LNB NorLeste, “A Taberna de Lola” foi paseniñamente enchéndose de xente preparados para o xantar de irmandade que cerraba a tempada. Como ben decía Juan Pico, un dos precursores que axudou a prendela mecha do explosivo xogo-deporte da billarda, “para darlle o garabullo antes hai que enche-lo bandullo” e este sigue a ser o mandamento primeiro de todo billardeiro que se precie.
Así pois ben comidos, mellor bebidos e cos ánimos dispostos diríximonos a pista de xogo para disfrutar da derradeira xornada da liga regular.

Perto de medio cento de xogadores dos once equipos en liza se dispuxeron a loita acompañados polo campión galego de ciclismo Rubén Sanchez, que logo de facer o saque de honra nunha das finais xogadas en Conxo, quedou prendido da billarda e non quixo perdela oportunidade de xunguirse a serpe multicolor da LNB e demostrou na pista que tampouco e manco co palan na man, gañandolle sendas carreiras o intermitente Adrián e mais o shwoman Rodrigo.
No deportivo, destacar as boas actuación de Franco, Juan e Coedo (Billardeiros Musicias) e de Pepe Vidal (O Cadaval), que acadaron pleno.
Do desempate entre eles sairon os seguintes postos: 1º Juan, 2º Franco, 3º Pepe Vidal.
Os dez puntos de Juan permitíronlle por riba de gañar o Aberto do Coello, proclamarse campión individual da tempada con un punto por riba dos seus compañeiros de equipo Coedo e Daniel. En donas Reyes desbancou a Geni do primeiro posto conseguindo o mesmo número de puntos ca ela e gañarlle no posterior desempate.
O Coello e mais unha artística figuriña artesanal feita por Muriego (El Viejo Pescador), foron os agasallos para o gañador do aberto. Segundo e terceiro clasificados levaron sendas dúcias de ovos da granxa de Suso e un tarro de bonito de El Viejo Pescador.
Como fin de festa de novo na Taberna de Lola, uns viños e os tradicionais torrezos presidiron a entrega de premios aos campións da Tempada. Trofeos xestionados polo concelleiro de deportes D. Vicente Castro que personalmente fixo a entrega os gañadores e nos dirixiu unhas calurosas verbas  de ánimo para continuar adiante con este proxecto de recuperación dos xogos tradiconais.
A interpretación do himno da billarda puxo punto final o acto.

Clasificacións finais:
Campión absoluto da tempda. JUAN (Billardeiros Musicais)

Campiona de donas: REYES (Billardeiros Musicais)

Campión de varados: SANTI (Carabullo de Teixo)

Campión equipos: BILLARDEIROS MUSICAIS.

O vindeiro 25 de maio voltaremos as pistas deportivas de Conxo (Santiago de Compostela) para disputar as finais nacionais cos campions das outras conferencias (Andaluza, Centro, NorOeste, Rias Baixas e Sur).
O clasificados pola conferencia NorLeste son :
Equipos: Billardeiros Musicais e mais Carabullo
Absoluto: Juan, Daniel, Coedo, Franco (Bill. Musicais), Santi, Charli (Carabullo), Regueiro (Troitas Bravas), Richar (Tropa Lixeira), Geni, Reyes (Bill. Musicais), Cortón (O Cadaval), Xerman (Ekipa Bítere), Ismael (Carabullo) e Noé (Troitas Bravas). Reservas Javi Moran( Carabullo), Kiko (O Cadaval) e Guti (Troitas Bravas).
Donas: Reyes, Geni (Billard. Musicais), Lola Eiras (Extensión billarda), Irea, Sofia (Carabullo), Paula (Cruzados) e Lucia (Remourelle Bulls). Reservas: Maricarmen, Carmen (Troitas Bravas) e Andrea (Carabullo).
Varados: Santi (Carbullo), Daniel (Billard.Musicais), Regueiro (Troitas Bravas), Charli (Carabullo), Pepe Meira, Richar (Tropa Lixeira) e outro entre Artai, Coedo, Dani Moran, Muriego, Rodrigo e Rubén.
 

No hay comentarios: