2014/10/01

1ª xornada 2014.2015



Markytos está de volta!!
 

Unha agradable tarde de verán acolleo a primeira xornada da LNB NorLeste da tempada 2014.15 en Ponte de Outeiro.




Dispostos para a batalla (foto sacada das que subiu Carabullo)

 
O sábado 27 de setembro de 2014 demos comezo a nova tempada ca disputa do "III Aberto da Terra non se vende” nun terreo moi ben acondicionado ainda que un pouco blando pero mellor que en outras pasadas edicións. Foi numerosa a participación malia ausencia de palanadores veterans que por unha ou outra causa non poideron acompañarnos nesta ocasión e disculparon a súa presencia agardando impacientes a vindeira xornada para se sacar a espiña e o mono de billarda.




Algúns dos debutantes

Comenzamos esta liga ca incorporación de “Pena verde” de Trabada e “Polka” de Pol co que son trece os equipos en liza nesta campaña.
Os novatos veñen con forza e gañas de loita e non só como mera comparsa como demostraron  algún dos seus compoñentes, subliñadamente Peña polos de Trabada e Manu polos de Pol que so se viron superados ámbolos dous nunha soa carreira.
Do resto temos que destacar a deportividade, o bo ambiente que se respira nos abertos e o gran nivel de tódolos palanadores que vai in crescendo de tempada en tempada.
 Houbo baixas puntuais nos equipos que se fixeron notar, así un dos mais perxudicados foi “Remourelle Bulls” con Villarino como único representante e que ainda que loitou bravamente pouco puido facer el so (Lucia, Marcos, Martiño, Milio e Muriego son demasiadas baixas para unha xornada). Agardamos a sua inmediata incorporación.
 
Ainda que tamen tivo baixas nesta tarde, “O Cadaval” comenzou a todo gas e foron os dominadores por equipos con Pepe Vidal como máximo expoñente  e moi ben secundado por Pepe Outeiro, Kiko e Cortón (este tamén destacou logo botandolle uns pasos de muiñeira)
O resto de equipos mais ou menos na liña de sempre cos altibaixos típicos dun comezo de tempada que promete ser apaixoante e disputada en tódolos apartados, segundo o que se viu en Ponte de Outeiro,  son moitos os galos aspirantes en loita e si dar trégola para escalar ó primeiro posto da xeral.
Nesta ocasión xa tres amosaron as súas cartas e acadaron o pleno de cinco carreiras gañadas, tendo que recurrir a un desempate para ver quen era o primeiro en levar o gato a auga.
 


Rodrigo (mais coñecido por “Hervi”) de “Extensión Billarda” tivo unha excepcional tarde de acertos pero a presión do desempate foi demasiado forte e rematou en 3º posto, superado por Pepe Vidal (de “O Cadaval”) que gateou ata o 2º caixon, pero sobretodo por un inconmesurable MarKytos (“Billardeiros Musicais”), que superada a dolencia que o tivo apartado da competición nas derradeiras xornadas da tempada pasada, volve con gañas e arrasando, non deu opción a ningún dos seus dos rivais e como dixo Xulio César no Senado de Roma: Veni, vidi, vinci.
Ponte de Outeiro é un dos lugares mais difíciles para facer varados e así quedou demostrado mais unha vez. Algún acercamento houbo non ostante,  pero so o poderoso brazo de Charli, un dos mais destacados especialistas, foi quen de mandala billarda entre os varais de un so golpe conseguindo o único VARADO da tarde.
Logo da entrega dos artesanais e artísticos trofeos a cargo de Isma en representación de Carabullo Asociación Cultural os gañadores desta 1ª xornada, rematamos en festa con petiscos e uns grolos de viño acompañados de música de gaitas e bailes.
 
Parabéns a todos os palanadores/as, en especial os gañadores da tarde e lembrar que a segunda xornada será o vindeiro 11 de outubro na Cadeira-Trabada.

No hay comentarios: