2014/10/14

II xornada 2014.15. A Cadeira


E vaia se voltou!  Markytos recunca como gañador na Cadeira !!

A choiva deunos un respiro e portouse na tarde do sábado 11 outubro permitindo que a 2ª xornada da liga regular da LNB da conferencia NorLeste, se celebrase con bastante puntualidade e, malia a competencia que tiñamos co San Frolián de Lugo, a asistencia de palanadores foi moito mais que aceptable chegando o medio cento de deportivos loitadores que disfrutamos xogando a billarda no alto da Cadeira, ao pé da ermida de San Marcos.  

O equipo anfitrión “Pena Verde” encargouse de adecentar e deixar o bravío monte (de ermos e irregulares illotes, franqueados por céspede mol), en condicións de xogo mais ou menos boas (cada quen falará da feira según lle foi nela), que acentuaron o inxenio e pericia dos palanadores para erguer a billarda do chan e golpeala cara o varal, neste I aberto co fermoso lema de "A terra verde non da pena".
En dous campos paralelos, bueno, cuasi paralelos (disque un deles tiña a saida descuadrada aposta para despistar), deron comezo as carreiras que axilmente se foron sucedendo, primeiro mais ou menos según era de esperar e mais tarde con alguha das habituais sorpresas que nos depara a billarda.
Villarino lamenta un garrafal erro de Guti
Moi celebradas polos gañadores foron as imprevistas victorias de Irea sobre Charli (a alumna deulle caña o profe), Manu Caldeiro sobre Geni (tiñades que ver a cara de ledicia do rapas cando lle gañou a ex-campiona nacional), Maricarme sobre Regueiro, etc. etc.
Chocante e inesperado tamén que Xermán non fora quen de gañar unha soa carreira na tarde e rematase co seu casilleiro a cero.
Markytos olla como Xermán agarda unha oportunidade que nos chegou.
No lado positivo, a boa actuación dos novos equipos que veñen apertando con Iván e Manu levando o ritmo e as donas Geles e Sara marcando distancias, así como dos benxamines da liga, Lucia e Manu Caldeiro que progresan a pasos axigantados, Lucia, moi tranquiliña cada volta está mais segura e mais solta co palán e Manu, de momento supérao a ansiedade, os vos golpexos que fai mentras entrena non os traslada logo as carreiras, cando se tranquilice vai dar moita guerra.
Houbo algún intento de varado, mais todo quedou en intento, naide atinou co varal e ainda que sobraron forzas, faltou puntería, disque os palanadores da mariña perden moito en altura, pero non é certo. A proba está a vista. Os tres mellores na Cadeira son todos eles mariñans.
 “Y si nó, desmiéntemelo”!!
A derradeira carreira chegaron con posibilidades de pleno catro palanadores. A Luis de “O Cadaval”, foi un seu compañeiro quen o tumbou e deixou fora, os outros tres gañaron (Markytos e Franco no terreo de xogo e Juan como se soe decir, nos despachos).
No desempate correspondente, Markytos impuxose sin atrancos gañando as tres carreiras e Juan foi segundo deixando o terceiro caixón para o italogalego Franco (o avó da liga que está feito todo un chaval).
           (O de Juan foi por un erro que se produxo polo feito de adiantar carreiras para que Milio e Regueiro poidesen marchar axina a traballar, no barullo de metelos axina, os árbitros de turno saltaron un chanzo na listaxe e deron a Cortón como rival de Milio na quinta carreira cando lle correspondía xogar con Juan. Así Milio ganoulle a Cortón e foise a fume de carozo. Juan agardaba para xogar pero cando nos decatamos do erro xa non tiña rival e daquela deuselle gañador por falta de contrincante. Un erro human que pechou unha tarde con bastantes incidencias no sorteo).  
Voltando o principal, chegamos a entrega de premios donde uns artísticos trofeos de Seixo e mais uns cartuchos de castañas foron entregados polos anfitrións "Pena Verde" os tres primeiros e Tamara aproveitou para facer alusión a una bonita lenda en torno a una vella e as castañas asadas. Tamén o equipo da xornada “Billardeiros Musicais” foi agasallado con unha cestiña de castañas.
Parabéns a todos os palanadores/as, en especial os gañadores da tarde e lembrar que a terceira xornada será o vindeiro 25 de outubro en A Pontenova.

 

No hay comentarios: