2014/11/19

4ª xornada da LNB Norleste. San Miguel 15 novembreo 2014


V Aberto de Flores.  Lorena no Olimpo dos Campións!!

Ameazaba choiva e que importa?  Si chove deixa chovere que a billarda non para!…

No pavillón de San Miguel refuxámonos dos caldeirados de auga que prometía nos iban guindar sin tardanza dende o alto en riba de nos de non espabilar e seguimos ó noso: xogar a billarda!!
            Fermosa xornada billardeira na que as protagonistas foron subliñadamente as donas! Carmiña, o gran referente femenino do noso deporte voltou canda nos e disfrutou (e nos tamén disfrutamos canda ela) como poucas veces. Da gusto ver a ilusión que pon en cada golpe e a carraxe con que manda a billarda cara o varal. Que erra un golpe… non importa! o seguinte sairá mellor, o caso e xogar e tentar gañar.
Pola súa banda Lorena, do equipo “Cruzados”, fixo caso o refraneiro popular (“no pase noviembre sin que el labrador siembre”) e vaia se somentou. Somentou e recolleu todo a un tempo. Palán en ristre, sen presa pero sin pausa, foi dando conta de tódolos contrarios que o sorteo lle deparou, poñendo a guinda da xornada e contra todo pronóstico converteuse na Raiña do Aberto de Flores.  
Flores felicitando a Campiona de hoxe.
 
Quen dí que os homes teñen vantaxe?  Hoxe Lorena foi a mellor e xa ten un sitio no olimpo dos campións xunto a Ana, Geni, Reyes e Carmen. E segundo se vai vendo nas pistas de xogo, non é difícil que outras mais se lles unan a non tardar.
Markytos  "varado, varado, varado, varado"
Pista rápida igual a xornada propicia en varados. Un total de 13 se acadaron na xornada do sábado. Markytos fixo o seu estreno na tempada e fíxolo o grande, nada menos que 4 varados (e outro mais no desempate, pero que non contabiliza). Esta gran tarde levao a comandar a clasificación xeral.
Por equipos novamente “Billardeiros Musicais” marcaron o ritmo e collen vantaxe sobre os seus perseguidores. O equipo “Cadaval” perdeu folgos ca falta de Pepe Vidal e viuse superado polos “músicos” ainda que manteñen o segundo posto. O terceiro na táboa “Carabullo de Teixo” non da atopado o ritmo normal de competición a que nos ten acostumados e xa teñen moi perto os “Troitas Bravas” que veñen apertado. Quenes están facendo os deberes con nota alta son os debutantes na competición “Polka” e “Pena Verde”, que aportan un ar novo a competición.
Hoxe estmos a velas vir.
Lorena pois, foi quen fixo pleno de 10 sobre 10 puntos. Para o segundo e terceiro posto houbo un desempate a tres carreiras entre, Daniel, Franco, Markytos, Muriego e Noé (todos eles con 9 puntos), sendo o bicampión nacional Markytos quen subiu o segundo caixón. Noé de Troitas Bravas foi terceiro.  
Flores luciuse e tamen houbo agasallos para as tres primeiras donas, Geni con 8 puntos e Sara con 7, acompañaron a Lorena na recollida de agasallos.
Nin que decir ten que foi o seleccionador nacional quen oficiou de xefe de ceremonias enchendo de bicos os campións, subliñadamente as campionas ao tempo que lles facía entrega dos trofeos correspondentes acompañados de bombós para as donas e duns chourizos para os homes.
Tamén o equipo da xornada tivo premio. Un metacrilato e uns chourizos.
Parabéns a tódolos palanadores por unha nova e inesquencible xornada de deporte e confraternidade. Billarda Sempre!. Agardamos por vos en Ribadeo no VIII Trofeo do Galo o 14 decembro.

No hay comentarios: