2014/10/31

3ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova 25.10.14

           UN VENDAVAL?  NON, NON,... QUEN PASOU FOI "O CADAVAL"!!
 
O sábado 25, a praza dos fornos de A Pontenova foi un fervedoiro de palanadores que atraídos polas famosas navallas do taramundense artesán José Rodil, se deron cita para disputar a 3ª xornada da LNB NorLeste, o xa tradicional Aberto do Ferro na súa cuarta edición e si no aberto da Cadeira os Billardeiros Musicais pasaron o rolo sin contemplacións, en A Pontenova foron  "O Cadaval" os que dominaron con autoridade tanto en individual como por equipos.
O marmurio das cristalinas aguas do Eo que decurre a carón, quedou apagado polo bruar constante das billardas que fungaban cara o varal. Espectáculo sin igual protagonizado por 68 bravos loitadores nunha soleada tarde de verán.
 



O calor reinante e mais o acaloramento das carreiras fixeron que as cadeiras da terraza do bar a carón da pista, non fosen dabondo para dar cabida a tanto demandante de un pouco de sombra.


 
Con bastante puntualidade comenzou o aberto e xa na primeira carreira, dous dos a priore grupo de “favoritos”, víronse superados polos seus rivais de turno. O palanador errante “Pirucha” chegado de terras do Salnés, espetoulle un varado a Markytos que o privou de optar o pleno e conseguir así facer triplete e o seu compañeiro de equipo Daniel foi superado por Noé.
O resto foron salvando as carreiras con mais ou menos atrancos, pero como froita madura tamén foron caendo uns tras doutros. So dous bravos foron quen de facer pleno: Kiko do potente equipo “O Cadaval” e Chousa que vai por libre. No desempate, Kiko foi mellor e acadou o primeiro posto.      


Para o terceiro posto tres empatados a nove puntos. Pepe Vidal e David de “O Cadaval” e Peña do debutante equipo “Pena verde”. A mallor experiencia de Pepe e David non foi dabondo contra a ilusión e a entrega do debutante Peña que se fixo ca terceira plaza.
Tamen as donas levaron un recoñecemento ao seu cada vez mais eficaz e vistoso xogo. Geles do tamén debutante equipo “Polka”, foi a mellor nesta xornada superando en puntuación a Lucia de “Remourelle Bulls” e María de “Extensión billarda”.
Como equipos destacou por riba de todos “O Cadaval” que xunto a “Billardeiros Musicais” e “Carabullo de Teixo”, parece que son os que van a loitar por conseguir o campeonato. Ainda está comenzando a tempada pero o comezos non poden ser mellores.
A calurosa tarde non podía por menos que deixar algún varado, así que o xa mentado do primeiro golpe da tarde, seguironlle outros tres mais.
 Regueiro (en representación de “Troitas Bravas” organizadores do aberto) oficiou a entrega de premios que como anos anteriores fixo a concelleira de deportes. As preciadas navallas, uns metacrilatos co escudo do Concello de A Pontenova e unas mazorcas de millo corvo, foron entregados aos gañadores do aberto.
 

No hay comentarios: