2015/01/15

VI xornada da LNB

V Aberto da Galiña de Mos. Castro de Riberas de Lea, 10 xaneiro 2015

Os billardeiros Musicais non desafinan en Castro

A loita polo campionato de billarda da conferencia NorLeste por equipos, cada intre parace mais un man a man entre os “Billardeiros Musicais” de Ribadeo e mais o equipo da asociación “O Cadaval” de Castro, posto que os “Carabullo de Teixo”, que serían os terceiros en discordia van perdendo folgos e xornada a xornada van descolgándose na táboa clasificatoria.
Era á do sábado 10 de xaneiro unha data agardada con especial ansia polos anfitrións (“O Cadaval”, equipo organizador do aberto), que se tíñan conxurado  para no seu territorio, cortarlles as ás ós todopoderosos Billardeiros Musicais niste seu referencial Aberto da Galiña de Mos, na súa V edición, que se disputou no irregular céspede do antigo campo de fútbol de Castro de Riberas de Lea.
Ainda non é desta! parecen pensar asombrados
 
 Pro a cocha saliulles capada, os ribadenses non so aguantaron o tipo sinón que aumentaron a vantaxe  e conseguiron unha nova marca ao acadar 39 dos 40 puntos en xogo (a marca anterior de 37 puntos tamén a tiñan eles dende a segunda xornada).
Un ceo azul cun sol radiante e por veces cegador, puxo marco a festa billardeira  en Castro. No terreo quedaban mostras das pasadas chuvias que o facían en algunas zonas algo mais blando do normal, pero en boas condicións para a práctica da billarda.
A xornada prolongouse ata o lusco fusco, facendo necesario a axuda dos focos para dar termo as carreiras de desempate polos primeiros postos. Nembargantes houbo que aproveitou o tempo entre carreira e carreira para botar una soneca disfrutando da saledada tardiña, mentres outros paracian pensar que o tempo do actual seleccionador estaba xa finiquitado.  
 Poucos tiros directos, catro ou cinco por fora e so un por dentro do varal, o conseguido por Santi na súa primeira carreira contra Luis Camiña; un seco e potente carabullazo de doble efecto, por un lado mandou a billarda directamente polo centro deixándoa chantada uns metros mais aló do varal e polo outro unha benvida o de  Marín que nos visitaba por primeira vez este ano e que puido comprobar por si mesmo que por eiquí non nos andamos con mixiricadas.
Camiña comenta con Xulio Vilas o varado que acaba de recibir.
Outro que tal baila foi Markytos,  que sigue en racha. Por mor dun compromiso tiña algo de presa e adiantáronselle as carreiras, así que xogou, gañou e saiu a fume de carozo ca música a outra parte. (E non é broma, que o compormiso consistía nun concerto co grupo Calabash en Ribadeo). A mais del, outros catro xogadores acadaron pleno de victorias e xogaron finalmente polos dous primeiros postos. A saber: Daniel e Suso Coedo (Billardeiros Musicais), Migho (Cruzados) e David Saavedra (O Cadaval) foron os finalistas, resultando logo de tres carreiras:
 
 1º Suso Coedo, agasallado con unha pita de Mos e 2º Daniel que lle correspondeu un galo tamen de Mos. Como 3º e mellor xogador local recibiu outra galiña David, todas de mans de Mario, representante de O Cadaval e mais do Sr. Alcalde, que un ano mais se presentou para nos acompañar na entrega de premios.
Así pois, logo da galiña de Mos, estamos xa agardando polo lacón de  Meira ca incerteza de saber si desta volta se cumplirán as amiazas de revancha. Disque se está concretando un novo fichaxe que vai por en órbita os do Cadaval e que podería xa ser efectivo na vindeira xornada. Pois que sexa benvido e que a LNB siga medrando. Vémonos

No hay comentarios: