2015/02/03

VII Xornada da LNB NorLeste.Meira31.01.15


    Santi, vence e convence no "VI Aberto do Lacón de Meira".
 
A choiva e o vento impediron que a Praza do Convento de Meira se convertera por un par de horas no taboleiro de xogo para a disputa da VII xornada la liga regular de billarda, polo que a serpe multicolor da LNB tivo que buscar abeiro no pavillón de deportes.
Contra as 15:30 h., comenzou o sorteo dos cincuenta e seis palanadores que se presentaron nesta xornada e mentres se agardaba coñecer cada quen os rivais de turno, comenzaron a voar as billardas que iban e viñan dun lado a outro polo ar, como se dunha vandada de paxaros se tratara e formaban un paraugas de madeira de infindos cores que pouco a pouco se desfacía en anacos e caia o chan.
 Na primeira carreira da tarde quedou patente que era xornada propicia para os varados xa que Cortón (de O Cadaval) abriu o camiño e fixo o primeiro; logo, ainda que o tentou, non puido repetir sorte, pero outros si o fixeron destacando Markytos con tres e Lois Pirucha con dous. En total foron dezaseis os tiros directos acadados, a segunda mellor marca da tempada.
 
David nun lace do xogo observado polos compañeiros.
O bo comezo dos palanadores de “O Cadaval” e algún tropezo dos seus rivais mais directos (Billardeiros Musicais), fixeron imaxinarse os primeiros que era o momento de vengarse da aldraxe sufrida en cancha propia na derradeira xornada, pero a deusa fortuna, as fadas ou as meigas, vai tú a saber, achegáronse os mariñáns e trocaron a sorte duns e outros, de tal xeito que no ecuador da xornada as augas voltaban o rego e  igualábanse as puntuacións que finalmente caeron do lado dos músicos Billardeiros que voltaron a gañar como equipo, ainda que so polo pequeño marxen de dous puntos.

Tocante os enfrontamentos individuais, a pista rápida acostuma a dar algún que outro susto, e no pavillón de Meira non podía ser doutro xeito, mais dún dos favoritos quedou aparcado na cuneta producto dalgún tropezo inesperado ou do acerto dos rivais, chegando invictos ao final da xornada e polo tanto donos do podio tres palanadores. Entre eles se xogaron en tres carreiras o caixón ó que terían que subir.
Dous veteráns moi acostumados os laureis e un novato con gañas de acomodarse entre os mellores: Santi de “Carabullo de Teixo” que finalmente foi o primeiro gañando as tres roldas de desempate, Markytos de “Billardeiros Musicais” que foi segundo e Iván de “Pena Verde” o terceiro.
Iván acadou un merecido premio ao bo facer e, quen sabe si foron os nervos e a inexperiencia de medirse con dúas estrelas, os que lle impediron subir algún escalo mais. Un palanador a ter en conta daquí en diante.
Tamén subliñar ás palanadoras Geni, Geles e Sara. A primeira é xa veterana na competición. Temible rival para calquera, home ou muller. Domina tódalas superficies e ten gañado xa mais de un aberto. As outras dúas son primeirizas na competición, pero deselvólvense moi ben e xornada a xornada mantéñense nos primeiros postos. As tres, e por ese mismo orden comandan a xeral en donas.
Lola Eiras e César, mais coñecido por Cascarillas, anfitrións do Aberto ós que se xuntou Flores pola LNB, fixeron entraga dos agasallos correspondentes, que facendo honra as datas do antroido que se achega, consistiron nun lacón, cachola, costela, chourizos, grelos e patacas para os tres primeiros e para o equipo da xornada. Que aproveite o cocido! Vémonos en Mondoñedo

 

No hay comentarios: