2015/02/27

VIII Xornada da LNB NorLeste 2014/2015



VI Aberto da Tarta de Mondoñedo. Mondoñedo 21 febreiro 2015

            Os Billardeiros Musicais gañan con apuros en Mondoñedo.

Chegamos a Mondoñedo chovendo. Desa choiva que non é forte  pero que lle fai a un cabrear polo persistente e pegañenta. Ó pouco clarearon os ceos e semellou que se iba quedar una boa tarde. O barruzo voltanba de cando en vez, pero con menos forza e permitiunos xogar sin mais contratempos.
A gran cantidad de disfraces, grupos, chargangas, parellas…, que se deron cita en Mondoñedo para tomar parte no desfile de Carnaval, axudaron a espantar o persistente barruzo  que ameazaba con botar por terra o traballo de tanta xente amante da troula.
Xa que logo o desfile deu comezo ca participación especial dun trouleiro-billardeiro que logo da súa participación a fume de carozo no aberto de billarda, tirou co palán e pillou as maletas para xunguinse ó pintoresco desfile. O que levaba dentro das maletas queda o maxín de cada quen. Disque malia os indicios de fuga, non traspasou a fronteira e xa está de volta preparando o Aberto de San Rosendo..
A carón do desfile, na Alameda dos Remedios, medio cento de palanadores loitaban por se facer ca victoria na VIII xornada da LNB que se estaba a disputar  e sin que o paso das mascaritas interrumpira o desenrolo do xogo, os palanadores aproveitaban os momentos de espera para botar un ollo a tanto colorido que fixo desta unha xornada moi especial e vistosa.
Chegados do NorOeste e representando os billardeiros de Laracha, disfrutamos da compaña de dous grandes palanadores: Xosé Collazo e Xulio Vilas, que xa nos tiñan acompañado noutras ocasións e quixeron acompanarnos de novo. Graciñas pola visita ainda que seguramente a Guti non lle fixo demasiada gracia enfrontarse a Xulio Vilas co que perdeu na derradeira carreira que lle faltaba para acadar o pleno. Sexa como sexa, sempre é un pracer contar ca visita de palanadores doutras conferencias.
Loita sen cuartel a desta tarde, tanto “O Cadaval” cuanto “Carabullo de Teixo,  apertaron os puños e puxeron moi difícil a victoria dos “Billardeiros Musicais” que en todo momento sentiron na caluga o forte alento dos seus perseguidores e tiveron que sudar para finalmente impoñerse con 31 puntos por 30 dos seus contrincantes mais directos. Un so punto que foi dabondo para sentir o cheiro de botelo que agardaba dono.
No eido individual, destacar  os tropezos de Markytos, David, Pepe Outeiro (que arrastraba una pequeña doenza), Guti ... e subliñadamente  o mal día de Santi. Deste xeito e como cabía esperar dos tres equipos mais fortes da competición, tres plenos. Cada un deles colocou un representante no desafío final. Tres finalistas que quedaron en dous xa que Charli de “Carabullo de Teixo” tivo que marchar e quedou por tanto relegado a 3ª plaza.
En tres carreiras Daniel de “Billardeiros Musicais” gañou e acadou o primeiro posto por riba de Pepe Vidal de “O Cadaval” que foi segundo.

A famosa tarta de Mondoñedo, en tres formatos distintos,  foi entregada como trofeo ós gañadores do Aberto. No caso de Charli recolleuna Santi, arestora non temos novas de si chegou sana e salva o seu destino ou sufriu algún tiño de atentado polo camino. Para o equipo gañador un botelo da Fonsagrada.
 
Santi recolle a tarta de Charli
Agardamos por todos na nova enganchada ALLS STAR 2015 en O Pino- Santiago o vindeiro 14 de marzo.

No hay comentarios: