2015/06/21

TORNEOS ABERTOS DE BILLARDA 2015 (TAB DE VERAN)

Rematou a liga Regular da LNB pero como sabedes, e si non o sabedes dígovolo eu: A BILLARDA NON PARA!
Na rede hai moitos blogues nos que se dan novas de tódolos torneos do verán. Na zona do NorLeste xa se disputou algún como o de XOTRAMU en Muimenta,
o Pitu Caleya en Pillarno
 ou o de San Antonio en Vilaselán.
E seguimos a tope. O xoves  18 de xuño, representantes de O Varal, fixeron una pequeña palestra no IES de Ribadeo diante dun rapaces que disfrutaron a tope ca billarda e quedaron emplazados para o sábado 27 na explanada do Eroski, donde se vai celebrar a partir das 16,00 h. o 1º Festival de Billarda Eroski 2015, con talleres de billarda e de lirio (modalidade asturiana para os mais cativos) para xente de tódalas idades con reparto de chuches  e ca disputa dun aberto con grandes premios.
O domingo seguinte, ou sexa o 28 disputarase o torneo Interparroquial ca disputa do Año Mouro na explanada que foi aparcamento de camións do Huerto, en Vilaframil.
A semana seguinte, o 4 de xullo, a billarda estará presente na "Festa Castrexa" no peirao de Burela, con talleres para os cativos. Logo ven o Festival da Chaira  e logo....  Xa iremos informando. Animádevos a participar e traede amigos para que a serpe multicolor da LNB siga medrando. Billada Sempre!!
 

No hay comentarios: