2015/06/02

Billardeiros Musicais "CAMPIONS POR EQUIPOS 2015"


Finais Nacionais da LNB
Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
31 maio 2015
Os Billardeiros Musicais rompen a hexemonía do Sur

Finalizada a tempada regular da LNB, os clasificados da conferencia NorLeste xuntábanse contra as 8:00 h. do domingo 31 de maio na estación de buses de Ribadeo, de donde partía, mais chea de ilusións que de palanadores (moitos preferiron ir pola súa conta) a guagua da LNB na procura dos prestixiosos trofeos que se iban a disputar alá na terra do noso patrón Santiago.
Ca única parada en Vilalba, para recoller os representantes de Terra Cha, tiramos cara ao monte Gaiás e penetramos no complexo da Cidade da Cultura con tempo dabondo para ollar o marcaxe das pistas de xogo e votar unha man si fora preciso. Xermán e Isma deixaron ben as claras que a Cidade da Cultura era xa unha nova conquista da todopoderosa LNB.
Tempo fresquiño pola mañá que foi paseniño convidando a ir espíndose de roupa, pero sin chegar a quentar; espesos e grises nubeiros tiveron conta de non deixar pasar o sol, amiazando con nos mollar, nembargantes deixaron que o desenrolo da xornada chegara  a rematar en seco.


Comenzou a xornada ca disputa simultanea das finais infantis e de donas. En infantíl non levamos representación e poidemos gozar vendo as evolucións duns verdadeiros fenómenos da billarda. Adrían, Juanma e Adriana foron por este órden os mellores.
Adriana 3ª (representada), Adrian 1º e Juanma 2º
 
En donas, as dúas valentes do NorLeste que deron o mellor de sí nun terreo de pedra e baldosa. As dúas pasaron de grupo e xa nas eliminatorias, Bea (Troitas Bravas) tivo contra as cordas a Begoña pero finalmente impúxose a veteranía da que era vixente campiona que acabou gañando.
Geni chegou a semis donde se atopou tamén con Begoña. Dúas campionas fronte a fronte por un posto na final. A mariñán por dúas veces tivo na man o pase pero a sorte volveulle as costas e fixo que errara o tiro que puido ser definitivo. Quedou fora.
Xogaron a final Lu, Begoña e Helena, quedando clasificadas neste mismo orden.  
Helena 3ª Lu 1ª e Begoña 2ª
Finais por equipos. Dez equipos participantes de seis xogadores por equipo. Seis grupos de dez palanadores a tres carreiras. A suma dos puntos acadados polos xogadores de cada equipo dan a clasificación final. Empate para o primeiro posto entre os Billardeiros Musicais de Ribadeo e mais os Gharaboto de Marín. Terceiros o equipo Carabullos de Teixo de Outeiro (Castro de Rei).

 Resólvese o empate cun enfrontamento doble entre os dous mellor clasificados de cada equipo. Loita a cara de can. Primeira carreira para Lois Pirucha e Luis Camiña de Marín, segunda para Markytos e Daniel de Ribadeo.
 
Unha rolda mais. Carreira para un, carreira para outro. Derradeiro enfrontamento, primeria carreira empate Pirucha - Daniel, segunda carreira gaña Markytos a Luis Camiña e dalle o título de Campiòns Nacionais os Billardeiros Musicais.

Unha parada para repoñer forzas con gaitada incluida e volta a competición.
Geni, Gelín e Daniel botando una gaitada (foto de Xosé Miguel (?) baixada do face)
Comeza o campionato de varados. Cinco tiros por palanador sin ningún acerto. Nova rolda acortando uns metros a distancia o varal. Desta sí que houbo dianas. Luis camiña acadou dous varados que lle deron o primeiro posto, houbo que facer unha rolda de desempate entre os que conseguiron un varado, resultando Salva segundo e Ricar terceiro.
 
Finalmente competición absoluta en busca do título de Coroceiro Nacional 2015.
Sesenta e catro participantes en oito grupos de oito cos primeiros e segundos de cada conferencia como cabezas de serie.
Tres carreiras e trinta e dous quedan fora pasando os restantes ás eliminatorias. Van acurtándose as posibilidades ata chegar a unha semifinal mariñan (con Regueiro e Manolo Pozo) e outra das Rias Baixas (Ricar e Lois Pirucha).
Finalistas Regueiro e Ricar, quedando a terceira praza entre Luis Pirucha e Manolo Pozo. Nesta ocasión foron os das Rías Baixas os que sairon gañando.

Ricar de Corredoiras foi o grande protagonista destas finais, que por riba tamén se encargou de facer os trofeos e polo visto non quixo dalos todos e quedouse con dous para si mesmo.

 
 
Campión Absoluto e Coroceiro Nacional:
Ricar (Corredoiras de Bueu). 2º Regueiro (Troitas Bravas). 3º Luis Pirucha (Gharabotos).
Campión de varados:
Luis Camiña (Gharabotos). 2º Salva (Corredoiras). 3º Ricar (Corredoiras).
Campiona:
Lu (Corredoiras). 2ª Begoña (Corredoiras). 3ª Helena (Gharaboto).
Campión de equipos:
Billardeiros Musicais de Ribadeo. 2º Gharaboto de Marín. 3º Carabullo de Outeiro.
Campión infantil:
 Adrian (Gharabotos). 2º Juanma  (Lúa de Forza). 3ª Adriana (Valpaços de Vigo).
 
          
 

 

 

 

 

 
 
 

No hay comentarios: