2015/10/27

3ª xornada da LNB, Conferencia NorLeste

IVAN, a consolidación de un novo Gran Palanador
3ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova 24.10.15

Os Fornos, que maxestuosos presiden a acolledora Praza do mismo nome en A Pontenova, convertéronse unha vez mais en mudos testigos  da 3ª xornada da LNB da Conferencia Norleste, que se celebrou o sábado 24 de outubro e donde destacou Iván, enrolado nas filas do equipo "Pena Verde."
 
Este palanador conquense, afincado na nosa terra, xa mostrou boas maneiras na pasada tempada, quedando finalista en algún aberto e sendo campión no Xerro do Salnés, o que lle deu a clasificación para as finais de Santiago, foi quen de gañar nesta 3ª xornada e facerse ca artística Navalla de Campión individual do Aberto.

Estupenda xornada ca participación de medio cento de palanadores  dos distintos equipos, na que se votou en falta xente dos Carabullo por estar nunha ceremonia de cabodano, acompañando a Santi, ó que dende eiquí mandamos unha garimosa lembranza e unha aperta.
Se non temos paraugas, ben nos vale un parasol, o caso é non mollarse.
Os ceos anubrados con ameaza de choiva e de feito un lixeiro barruzo fixo acto de presencia cando xa estábamos xogando, pero por sorte so foron unas poucas pingas e poidemos finalizar a axornada sin maiores contratempos.
As carreiras sucedéronse rápidamente, de feito debeu ser unha das xornada mais rápidas. Cambia o conto de xogar en prado (como foron as derradeiras xornadas), a facelo nunha superficie lisa, ainda que sexa de adoquín ou de  lousa; chegas ao varal en moitos menos golpes, tanto é así que cando nos quixemos dar conta xa tiñamos rematado o encontró.
Ben, pois como xa queda dito, Iván foi o gañador con 23 puntos. Xa tiña o podio asegurado, so pendente de si era primeiro ou se tiña que xogar un desempate, en caso de que Regueiro (Troitas Bravas) fixera cinco puntos na derradeira carreira. So fixo catro cos que sumaba 22 daquela quedaba no segundo posto.
Seguían na puntuación Daniel (Billardeiros Musicais) e Noé (Troitas Bravas) con candanseus 21 puntos, estos si que tiveron que desempatar a dúas carreiras mais para chegar o 3º caixon. Foi Daniel quen se mostrou mais seguro e se fixo co posto.
En donas a mellor foi mais unha volta Geni (Billardeiros Musicais), seguida de Bea (Troitas Bravas) de Lucia (Remourelle Bulls).
En canto a equipos, dominaron a xornada os Billardeiros Musicais seguidos de Troitas Bravas e de O Cadaval.
Os agasallos para os gañadores foron entregados polo concelleiro de cultura de A Pontenova que estivo acompañado en todo momento por Regueiro do equipo anfitrión.
Primeiros (absoluto, donas e equipo) Navalla artesana de J. Rodil.
Segundos (absoluto e donas) cerámica do forno.
Terceiros (absoluto e donas) metacrilato con escudo do Concello de A Pontenova. Tamen se entregaron como trofeo unhas espigas de millo corvo traídas expresamente de Bueu para a ocasión.
Co berro de Billarda sempre!  e agardando xa pola vindeira xornada de San Miguel de Reinante o 14 de novembro  recadamos varales, paláns e billardas e deixamos a fermosa praza dos Fornos ata o ano.

No hay comentarios: