2015/11/16

4ª xornada da LNB NorLeste


4ª xornada da LNB NorLeste. San Miguel 14.11.15

Ismael de Outeiro, un tapado que asoma.


O bo tempo do que vimos disfrutando nas derradeiras datas, rematou ca incertidume de donde se xogaría o “Aberto de Flores” e ainda que o venres caeron unas pingas, o sábado voltou lucir o sol e daquela poidemos xuntarnos os palanadores da NorLeste a carón do campo de fútbol de San Miguel para disputar a cuarta xornada da Liga regular de billarda.
Boa afluencia de xogadores ca inagardada visita de Tere do equipo Casilledín de Ribadumia (que se animou a participar con nos no aberto) e mais Aitor (este non se resistiu a probar co palán mais finalmente abstívose de xogar). 
Cando a metade das carreiras iban xa aló, sorprendeunos agradabelmente Flores, que mentres agardaba que lle tocara xogar o seu grupo, fixo unha escapadiña e voltou traendo consigo un par de potas cheas de castañas asadas, ainda quentiñas que fixeron as ledicias de palanadores e siareiros. Que ben viñeron para acompañar as birras que estábamos a tomar!
Isto é a billarda: xogo, deporte, competición, amizade, foliada, camaradería…
Sin prisa pero sin pausa os enfrontamentos nos seis grupo, foron sucedéndose con relativa axilidade e malia que no prado se comenzada a notar a humidade da nacente xeada, fumos quen de rematar mentres a luz do día comenzaba paseniñamente a esmorecer.
Logo das cinco carreiras regulamentarias, cinco palanadores destacaron por riba dos demás e remataron empatados a 23 puntos, estos foron Daniel e Manolo Pozo (Billardeiros Musicais), Regueiro (Troitas Bravas) e Migho e Isma (Carabullo de Teixo), que xogaron outras tres carreiras para desfacer o empate e ver quen subía o podio da xornada.
Regueiro non participou no desempate e Migho errou mais do debido co que quedou fora.
A Isma que estivo xogando toda a tarde de forma maxistral, non lle temblou o pulso cando na segunda carreira errou Daniel e aproveitou para coller vantaxe e facerse de forma brillante co primeiro posto nesta 4ª xornada da LNB. Segundo foi Daniel  e terceiro Manolo Pozo.
En donas a mellor foi de novo Geni (Billardeiros Musicais), seguida de Paula (Cruzados), Bea (Troitas Bravas) e Lola eiras (Extensión billarda.)
Por equipos, dominaron a xornada os Billardeiros Musicais.
Artísticas pedras da Praia de Reinante, rotuladas por expertas mans e acompañadas cada unha delas por un saqueto de castañas, foron os agasallos que os gañadores recibiron de mas do seleccionador nacional e anfitrión do aberto Manolo Flores.
Lembrando a Curros en Nouturnio (A noite pechaba i o raio da lúa, nas tépedas cumes comeza a brilar…) liscamos do lugar ca satisfacción do deber cumprido:
Novamente a BILLARDA foi a estrela no campo das Valgas de San Miguel de Reinante!! Billarda sempre! Adiante co Varal!
A vindeira cita será o 28 de novembro en Pillarnu ou Piedras Blancas (Avilés) para a disputa da IX Copa Cantábrica fronte a potente selección astur.
 

No hay comentarios: