2017/03/06

Abertiño de San Rosendo


Aberto de San Rosendo. San Miguel 04.03.17
 
          Co gallo das festas de San Rosendo, celebrouse o xa tradicional abertiño de billarda, que ano a ano colle mais pulo e forma xa parte da tempada billardeira na conferencia NorLeste da LNB.

Nesta V edición e ca cordinación do gran selecionador nacional Manolo Flores, xuntou unha nómina de recoñecidas estrelas da mariña e da chaira a que se xunguiron novos palanadores ca intención de dar moita guerra nun futuro mais perto que lonxano.
Carlos, nova incorpooroación

Como non podía ser doutro xeito, os novos palanadores recibiron o seu bautizo billardeiro cunhas pingas de choiva que a piques tiveron de trasladar a disputa do aberto cara o pavillón de deportes; mais foi so un aviso para o que viría mais tarde (lóstregos e un ar enfurecido que levou por diante o escenario da orquestra e fixo suspender a festa), que nembargantes nos permitiu xogar ao ar libre no campo da festa.
Algúns dos participantes cos premios.
 
           Dous grandes grupos disputándose os catro primeiros postos para pasar as finais, con resultados moi parellos e con lixeiro dominio de Daniel, Pepe de Outeiro, Manolo Pozo e Franco seguidos de Geni, Muriego, Flores e Xermán.
         Na final impúxose un gran Xermán (o que tivo, retivo), que aproveitou un erro de Daniel para facerse co primeiro posto, terceiro foi Manolo Pozo.
           A entrega de premios do gran Abertinho do “San Rosendo 2017” correo a cargo de Flores asistido por José Iravedra (coñecido por Peque, gran valedor e impulsor deste aberto) que entregaron ao “Ekipa-Bítere” Xermán Viluba o espectacular Lacón de seis kilos que o acredita coma campión absoluto. A súa dereita Daniel coma segundo clasificado, cá cachola de porco e a esquerda, Manolo Pozo cas dúas ristras de chourizos coma terceiro clasificado, ámbolos dous de Billardeiros Musicais.

          Parabéns para tódolos palanadores e para a organización, que xa están pensando na vindeira edición para mellorala e facer deste aberto un referente da billarda do NorLeste.  
Si es neto ou neta, pai ou mai, avó ou avoa…non o dubides mais: Ven xogar a billarda con nos!
           Eiquí non discriminamos a nadie. Todos somos válidos e loitamos polo mesmo: recuperar a billarda e pásalo bén.

No hay comentarios: