2017/09/18

"VI MEMORIAL CALVETE"

        Remourelle deu o pistoletazo de saída da nova tempada billardeira co abertiño do vermú "VI Memorial Calvete".
         Foi o sábado 16 do corrente mes de setembro cando un fato de palanadores nos xuntamos como ven sendo costume a tomar uns viños e uns petiscos na sede oficial da LNB NorLeste acompañados como sempre por Carmiña (viuva do lembrado palanador dos Petapouco e que tivo a bén presidir a xuntanza) e as súas inseparables compañeiras, unha das cales é tamén referente da "Conferencia Nai" (Carmiña do desaparecido equipo  "Bítere") e que botou unas carreiras con nos deixando mostra do seu xogo.
         O aberto ainda que competido, non pasou de ser un amigable  en toda regla e por mais, bendecido polas nubes do ceo, que moi ledas por nos ver de volta, deixaron caer unas poucas pingas nun momento do encontro e malia que o resultado final non ten maior importancia, subliñar que Manolo Pozo foi primeiro, Daniel segundo e Pepe Vidal terceiro recibindo de mans da "homenaxeada Carmiña" sendas botellas de viño.
         Como non podía ser menos, houbo un recordo para o gran Calvete e a súa dona foi despedida co agasallo dun ramo de flores.
          Decir que tivemos un amplo debate por mor da primeira xornada da liga prevista para o vindeiro domingo 24 en Castroverde. Finalmente e vista a dificultade para buscar outra data, decidiuse deixar o calendario tal e como se consensuou en Mondoñedo, trocando so a data do domingo 11 de febreiro, que se adianta ó sábado 10 dado que a Candeloria ten fixada a data do 24.   
           Deste xeito o calendario oficial queda así:
 
            En Castroverde, xa teñen todo arranxado para a primeira xornada da LNB 2017/18. Aló nos citamos para que as billardas volten a fungar no ar. Foza estornela! Adiante co Varal!  

No hay comentarios: