A “COPA CANTABRICA” VIAXE
DE IDA E VOLTA!
No pavillón deportivo
de Piedras Blancas (Castrillón), tivo lugar o pasado sábado 25 de novembro de
2017 un novo enfrontamento Astur-Galaico (de “billarda” para os galegos e de “lirio”
para os asturianos) na procura da “Copa Cantábrica” que alcanza a súa undécima
edición e que logo de recuperala no ano 2013, luce ininterrumpidamente nas
vitrinas da LNB NorLeste en Remourelle.
A selección asturiana
comandada polo capitán “Javier Hevia” presentaba un plantel escaso de machetadores, que nada poideron facer diante do
potente combinado que presentaba o seleccionador galego Manolo Flores composto
por:
Daniel e Geni de
Billardeiros Musicais
Jorge, Luis Ares e
Pepe de Outeiro de Chainzos-Cadaval
Flores e Xerman de
Ekipa-Bíteres
Suso Villarino de
Remourelle Bulls e
David Navallo, Noé e Sachas de
Troitas Bravas, si bén o primeiro nesta ocasión enfrontouse aos seos compañeiros de equipo posto que alineou ca selección asturiana.
Contra a 12:30 h.
comezaba a loita na modalidade de “encastrau”, qué é a modalidade á que xogan
habitualmente en Asturias e consiste en mete-la billarda dentro dun círculo de
uns 60,00 cms de diámetro chamado "castru". Presumiblemente eles están mais trallados nesta especialidade, mais os desta parte da Ría non somos mancos e deixamos boa mostra delo.
Comenzaron as carreiras cos galegos dominando, mais foi precisamente Navallo quen, invocando a Pelayo, comenzou a dar un pouquiño de esperanza ao gañarlle a Xermán e amosar o camino a seguir, mais foi soio unha arroutada pasaxeira, un querer e non poder que soio lles permitiu manterse a pouca distancia e rematala primeira parte do encontro ca victoria forasteira por 29 a 31.
E como estábamos en
Asturias, non faltaron “unos culines” de
sidra que axeitaron o corpo e alegraron o espíritu para proseguir a deportiva
loita.
A medida que avanzaba
a segunda metade os galegos alonxábanse no taboleiro ata acadar o resultado final de
52 a 68 co que a Copa Cantábrica aseguraba o billete de volta cara a Galicia
por un ano mais. O Concellal de deportes de Piedras Blancas foi o encargado de entregar
a Copa os gañadores.
Polo equipo asturiano
cabe destacar o bo rendimento de Arturo, Navallo e Javier Hevia.
Menos afortunado estivo o debutante Marcos que se empleo a fondo, mais con pouca fortuna fronte a uns rivais moito mas duchos.
Polo lado galego subliñar o bo comportamento xeral de tódolos palanadores que sumaron para oque o resultado final fora favorable.
Polo lado galego subliñar o bo comportamento xeral de tódolos palanadores que sumaron para oque o resultado final fora favorable.
Por destacar a alguén podemos decir que os que mais puntos conseguiron foron Daniel, Geni e Xermán.
Rematado o encontro,
xantar de irmandade ca fabada como prato estrela no menú e de novo á pista de xogo, para a
desputa dun abertiño á modalidade galega co premio de un fermoso coello para o
gañador.
O xogador local
Arturo, que xa destacara a maña co seu xogo eficaz e seguro foi o mais
acertado e merecidamente se levou o
trofeo.
Parabéns a tódolos
que tomaron parte neste encontro de irmandade Astur-Galaica, subliñadamente a
verdadeira alma mater destos enfrontamentos: o capitán Javier Hevia. Billarda e
Liriu sempre! Adiante co Varal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario