6ª xornada da LNB
NorLeste. RIBADEO 16 DECEMBRO 2017
A choiva (tan necesaria e longamente agardada)
foi nembargantes un atranco para a celebración da 6ª xornada da LNB NorLeste,
que tivo que desplazarse ao pavillón de san Miguel de Reinante ante a imposibilidade
de utilizar o campo de Fútbol da Faxarda, en Ribadeo.
Moi boa participación de palanadores.
Superouse folgadamente o medio cento que puxo color e sobretodo calor nun
xélido recinto deportivo do que tan a miudo votamos man e que agradecemos, a
quen corresponda, a xentileza de porlo a nosa disposición sempre que lo precisamos.
Regueiro en labouras de arbitraxe |
Como se presumía, a pista rápida, foi
xornada de varados, ainda que a colleita non foi excesivamente abondosa. Once
en total repartidos entre dez palanadores e destacando Regueiro (Troitas
Bravas) que acadou un par deles, o que lle permite porse ao comando da táboa de
honra emparellado co “Carabullo” Isma.
Charli acadou una boa puntuación mais non puido repetir triunfo |
Disque o cámbeo de
escenario perxudicou a boa racha dos “Carabullo” na súa teima por pillar os
Billardeiros Musicais (o equipo con mais títulos da Conferencia NorLeste e da
LNB). Hoxe tiveron que velos dende lonxe
e ainda mais lonxe viron aos Chainzo-Cadaval e Troitas Bravas, ámbolos dous con
igual puntuación.
A falta da derradeira
cadeira, estaban con pleno tanto Pepe Vidal como Carlos Alvariño; o primeiro
fixo valer a maior veteranía e redondeou a tarde saindo gañador. Alvariño tivo
que conformarse con loitar polo segundo e terceiro posto con outros catro
aspirantes (Pepe de Outeiro, David Navallo, Regueiro e Geni como representante
femenina e codeándose cos mais grandes). David Navallo foi o mais acertado e o
seu compañeiro de equipo Regueiro fíxose co terceiro caixon.
Geni, botando tamén una man no arbitraxe |
En donas temos que
subliñar que hoxe todas elas raiaron a gran altura. Geni (Billardeiros
Musicais) foi a primeira, Paula (Chainzos-Cadaval) a segunda con varado
incluido e Lucia (Remourelle Bulls) terceira.
Por equipos, xa dixemos
que remataron empatados no primeiro posto con 88 puntos Chainzos-Cadaval e
Troitas Bravas. Para decidir o gañador da xornada recurriuse (como esta
regulamentado) ó xogador con mellor puntuación individual de cada equipo,
coincidindo neste caso co gañador do aberto Pepe Vidal, daquela gañadores
Chainzos-Cadaval.
Iván, animouse a participar por primeira vez este ano. Ten maneiras o rapaz. |
Xulio Vilas agardando a súa quenda |
Un fantástico galo
xestionado por José Manuel (Mondoñedo, no mundo billardeiro), foi o agasallo
principal e uns lotes de productos de Nadal para todolos gañadores. Parabéns e
a seguir disfrutando da Billarda!
A competición
retomarase día 13 de xaneiro do vindeiro ano 2018 en Castro de Riberas de Lea,
mais a billarda estará presente o vindeiro día 30, en Meira na homenaxe que se
lle rendirá o noso recordado compañeiro “Pepe da Flor”.
Desexamos a todos un
BO NADAL e FELIZ ANO NOVO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario