O furacán Alvariño asoballa
en Mondoñedo
Boa participación de palanadores. Cada
equipo co obxetivo de conservar ou mellorar na clasificación xeral e cada
palanador ca teima persoal de coroarse gañador na cidade Episcopal.
Conta a historia, ou lenda, que en
1483 mentres o mariscal Pedro Pardo de Cela estaba no cadalso escoitando a súa
sentenza de morte por traición, soldados do bispo de Mondoñedo lle estaban
facendo perdelo tempo a súa dona Isabel de Castro (que traguía o indulto dos Reis
Católicos) para evitar que esta puidiera salvarlle a vida o seu marido. O atraso
impidiulle chegar a tempo e a cabeza do
mariscal, rodou polos escalóns do patíbulo, berrando “creo, creo, creo”.
Carlos Alvariño, ca tranquilidade de verse Campión. |
Hoxe ninguén puido entreter a Carlos
Alvariño. Con brazo forte, petaba certeiramente unha e outra volta na billarda,
botando o ar o su terrorificoo oubeo “Auuúuu…! que resoaba en toda a Mariña
Central. Dous golpes, dous berros, e a billarda dentro do varal. Cinco
carreiras, vintecinco puntos. Era o seu día, como ben tiña adiantado: “Hoxe
teño gañas de tarta”.
Non queda outra que aplaudir ao Campión |
Nin sequera o tricampión nacional
Markytos, que estaba no mesmo grupo, foi quen de para-lo vendaval dos Carabullo
e tivo que se conformar co segundo posto e un punto menos, terceiro e con
vintetrés puntos quedou o seu compañeiro de equipo Daniel.
En donas Geni, mais unha vez, foi a
mellor seguida de Paula e de Merche, ás que doblou na puntuación. A distancia vai
medrando e semella que o seu nome está xa imprimido a fogo no primeiro posto do
podio femenino.
Houbo tres arroutados que foron quen
de facer varado no día de hoxe. No primeiro tiro da tarde foi Santi, o actual
líder, quen chimpou a billarda no varal dun so golpe, seguiuno Tomás e redondeu
Markytos.
Nesta ocasión de por mor da diferencia de dificultade entre as dúas pistas, fixemos intercambio na cuarta carreira. As polas das árbores xogaron en contra e malia os esforzos, anguha billarda ficou por aló.
En equipos foron de novo os Billardeiros
Musicais os que amosaron maior regularidade e superaron a Carabullo. En
terceiro lugar Troitas Bravas, recuperaron os nove puntos que os separaban de Chainzos-Cadaval e colócanse por riba
ainda que so por tres puntos.
Estamos moi ledos da presenza de
palanadores de outras conferencias e aplaudimos que malia a inseguridade do
tempo, se desplacen a xogar con nos. Sabedes que sempre sodes ben recibidos.
Graciñas e voltade cando queirades.
Como non podía faltar a entrega de
premios, o seleccionador nacional Manolo Flores, foi o encargado da ceremonia. Sendas
tartas foron os agasallos para os tres primeiros clasificados e para o equipo gañador
da xornada, un botelo.
Agora tocan abertos
fora de liga, A Candeloria o 24 febreiro en Lugo, o San Rosendo o 3 de marzo en
San Miguel e o All Stars en Poio o 17 de marzo. Retomaremola liga en Mosteiro o
24 de Marzo para disputar a décima xornada. Saúde e billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario