2018/05/15

12ª e derradeira xornada da LNB NorLeste 2017.2018

                                                 Remourelle 12.05.18
                                    XERMAN, o que bén se aprende nun se olvida!
Na derradeira xornada da LNB  NorLeste, brilou como como nunca unha das primeiras estrela da Serpe Multicolor. Foi pioneiro, primeira pedra dun soño (como dí o himno da billarda, en palabras de Cordal: soñouno Calvete, o resto han contalo…) hoxe feito realidade, recuperar este xogo-deporte da nosa nenez, lonxano no tempo mais perto no corazón. O venres 30 de novembro de 2007 no teatro Rosalía de Castro da Coruña Xermán Viluba dixo:
 “Somos orgullosos deportistas, galegos e galegas, herdeiros da furia e da carraxe duns antepasados esnaquizados pola historia.
O día de Hoxe, coma o ferro quente na pel das bestas bravas, quedará marcado coma o día no que deporte da billarda saíu para nunca máis voltar... á angustiosa cova do esquecemento”.
E o sábado 12 de maio, casi once anos despois en Remourelle, Xermán voltou de novo a reencontrarse ca furia e a carraxe que leva dentro e deu a gran sorpresa gañando un dos abertos mais duros da tempada. Venia a Xermán!
A espectación máxima estaba en saber si Troitas Bravas sería quen de desbancar a Chainzos-Cadaval do segundo posto e arrebatarlle a clasificación para as finais de Santiago,  os demas postos semellaba, estaban amarrados; nembargantes houbo algunhas sorpresas.
Charli, líder indiscutible, fixo a peor xornada de toda a tempada poñendo en risco o campionato. Safou na derradeira carreira cun varado que lle deu tranquilidade. Do mismo xeito Regueiro tampouco estivo fino, e pagou as concecuencias cedendo o terceiro posto en favor de Daniel que si aproveitou as flaquezas do troita brava.
En donas todo estaba decidido, a musical billardeira Geni, rematou a tempada gañando tamén en Remourelle. Segunda foi Paula e terceira Chinita.
En equipos os Chainzos-Cadaval, gracias a boa actuación do intermitente Cascarillas, conseguiron manter a distancia cos Troitas Bravas e clasificarse como terceiros para Santiago.
Carabullo caeu en picado esta xornada, a irregular actuación de todos eles os fixo desestabilizar e so gracias a que tiñan pan vello (marxen de puntos abondos), mantiveron a segunda posición na xeral.
Por diante, os Billardeiros Musicais; os Campións remataron a tempada ao grande gañando sobradamente.
En individuais, xa dixemos que gañara Xermán, que tivo que medirse nun emocionante desemepate con Noé e con Daniel, ós que gañou con autoridade.
En Remourelle quedaron definidos os clasificados para as finais de Santiago. Por ausencias de algún palanador, houbo que facer desempates para os postos libres, así en individuais disputaron unha plaza Luis Ares e mais Jorge, resultando gañador o de Chainzos-Cadaval. Asimesmo en varados habia un cuadrúple empate para unha soa plaza que finalmente gañou Tomás. 
Por cortesía de Suso Villarino, este ano non foi un senón tres os coellos entregados os tres primeiros da xornada: Xermán, Noé e Daniel.
Manu Caldeiro Campión infantil
Tamén se entregaron os trofeos da tempada, uns, feitos artesanais por Isma e Manu e outros doados como sempre polo Concello de Ribadeo.
 O domingo 27, atoparémonos no Castiñeiriño (Santiago de Compostela) cos clasificados das outras conferencias para xogar as finais nacionais. Loitaremos todos a unha para intentar traer o máximo de galardóns para a nosa conferencia. Parabéns a todos e moita sorte!
 
 
 

No hay comentarios: