2018/06/06

Finais nacionais 2018

                               O CASTIÑEIRIÑO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 27 MAIO 2018
                                                   A XUVENTUDE PIDE PASO A BERROS
           Un ano mais chegadas estas datas, da estación de buses de Ribadeo partía de mañanciña a Guagua da LNB-NorLeste cara ao campo de fútbol do Atlético Fátima no Castiñeiriño (Santiago de Compostela), para a gran festa da billarda: finais da Liga Nacional de billarda.
           As finais deparan un extraordinario ambiente, agradables sorpresas, erros inesperados e algunha que outra xogada polémica, mais todo dentro dun excepcional ambiente de amizade entre tódalas conferencias.
         Para formar os cadros cada conferencia presentou os palanadores que lle corresponden por porcentaxe según a media de participación durante a tempada, quedando a seguinte distribución por categorías:
           CATEGORIA INFANTIL
           Na sesión de mañá, os cativos ofreceron un  expectalcular duelo e c. .ongratulámonos de que a participación infantil vai a mais e superou este ano tódalas expectativas con 18 participantes, 5 nenas e 13 nenos (2 NorLeste, 5 NorOeste, 11 Rias Baixas), que deportivamente loitaron e protagonizaron o mais destacado da xornada poñendo en grandes apuros e incluso superando aos maiores nas categorías absolutas.
Juanma ("Lúa de Forza" de San Xenxo) no seu derradeiro ano de infantil pechou “cun laude” esta etapa gañando o primeiro posto. José María (“Billardeiros Musicais” de Ribadeo) na súa primeira participación nunhas finais acadaba o segundo posto e Martiño (“Corredoiras” de Bueu) era o terceiro. Unha nova xeración está a tomar o relevo e garante a continuidade do deporte tradicional da Billarda.
CATEGORIA VARADOS
            En Varados 20 finalistas (7 NL, 3 NO e 10 RB). A conferencia Norleste arrasou neste apartado: 1º Tomás, 2º Santi (os dous de “Carabullo” de Ponte de Outeiro), 3º Markytos (“Billardeiros Musicais” de Ribadeo).
CATEGORIA EQUIPOS
 Oito franquicias en loita (3 NorLeste, 2 NorOeste e 3 Rias Baixas) e seis palanadores por equipo.
 Agardábase mais dos nosos representantes que se emplearon a fondo mais so ”Carabullo” de Ponte de Outeiro, foron quen de arrincar un un moi meritorio terceiro posto ante a potentísima conferencia das Rias Baixas que non deu chance e donde “Corredoira” de Bueu, revalidou título rubindo o primeiro posto seguido de “Lúa de Forza” de San Xenxo.
Un descansiño para repoñer forzas e botar uns contos e de novo ca billarda e mais o palán as pistas de xogo para comenzar a sesión de tarde ca final de donas.
CATEGORIA DE DONAS
Dezaoito finalistas (4 NL, 2 NO e 12 RB). As excampionas da categoría partían como favoritas, Geni, Lu e Bego eran en principio as rivais mais temidas. Un enfrontamento entre as dúas últimas, deixou a Lu fora da loita prematuramente.
Das nosas representantes, Lorena (“Chainzos-Cadaval” de Castro) e Chinita (“Troitas Bravas” de A Pontenova) caeron na fase de grupos. Carme (Troitas Bravas) caeu no primeiro cruce con Tania e Geni (“Billardeiros Musicais” de Ribadeo) con un  xogo seguro e moi regular, chegou as mediasfinais mais tivo que ceder ante a precisión da infantil Adriana ("Valpaços Terra Quente" de Vigo) quen resultaría a gañadora absoluta por diante de Bego (“Corredoiras” de Bueu) e  de Tania ("Valpaços Terra Quente" de Vigo).
Así pois a prometedora campioa infantil do ano pasado Adriana, confirmouse como unha das estrelas femeninas da LNB.
CATEGORIA ABSOLUTA
Corenta e oito palanadores (15 NL, 9 NO 24 RB).
A grande Aballoada 2018 chegou o remate cas finais absolutas. Seis grupos de oito palanadores cada un, cinco carreiras a disputar e a metade dos palanadores eliminados, o resto os cruces direutos. Salientar que malia a demostrada maestría das tres donas clasificadas (Bego, Geni e Lu), desta volta ninguna delas foi quen de pasar de grupo, o que dá idea da dificultade e calidade de tódolos finalistas.
               
A Conferencia Norleste correspondíanlle catorce plazas de finalista mais a do actual Campión e Coroceiro Nacional Markytos. Sin duda tíñamos polibilidades de facer podio, pero nun foi o día. A dureza da competición foi facendo extragos e deixando polo camiño os grandes favoritos entre os que se atopaban catro excampións. O ata ese momento poseedor do título Markytos, quedou eliminado no primeiro cruce e no seguinte caeron tamén Daniel, Xan Rodiño e Ricar.  
               
Da nosa conferencia pasaron sete da fase de grupos e so dous do primeiro cruce, Santi perdeu con Juanma. Charli mui mermado fisicamente, pouco puido facer ante Dani Rino. Pepe de Outeiro non superou a Collazo. A Regueiro eliminouno Lito. Markytos caeu inesperadamente ante Roi. Alvariño gañoulle a Pepe Vidal por 13 cms. á billarda mais longa e Daniel pasou gañando a Luis Camiña.
              
 Na rolda seguinte, quedamos sin representantes. Daniel caeu ante Juan Carlos e Alvariño ante Lito (Corredoiras de Bueu), que sorpresivamente se foi colando entre os mellores malia a que a duras penas pasou o grupo, mais logo asentouse no xogo e fíxose acreedor a xogar a final xunto a Juanma (Lúa de Forza de San Xenxo), que pola mañá se fixera co título infantil e folgadamente rolda tras rolda foi chimpando rivais e demostrando que xa está mais que preparado para competir cos mais grandes. O terceiro mosqueteiro para a final a tres foi un hoxe  intratable Che (Rinoceronte de Pontevedra), daquela tres finalistas da conferencia Rias Baixas que rachaban cos derradeiros anos de dominio do NorLeste.
           Final emocionante cos xeareiros das Rías Baixas festexando xa o completo éxito dos seus. Axina se puido ver que a loita quedaba reducida a un cara a cara: Un Che inspirado que cada golpexo que daba era mellor co anterior, e un Juanma que respostaba tentando acadar algo histórico, o doblete. Lito floxeou e perdeu chance.
             Mais Che foi hoxe moito Che! Gañou ca forza da besta brava que lle da nome o equipo, as súas embestidas cara o Varal foron expectaculares e Juanma tivo que conformarse co segundo posto.
          Unha magnífica xornada de billarda, que pasamos o domingo e que pechou a tempada billardeira con toda brillantez ca entrega de premios e agasallos ós distintos gañadores en cada categoría. Agasallos feitos artesanalmente polos compañeiros Gándara e Ricar. Noraboa a todos, en especial os máis pequerrechos que xa son moi grandes como nos demostraron nas pistas e Billarda sempre!.
 

No hay comentarios: