2018/09/18

1ª xornada da LNB NorLeste tempada 2018/2019

                            1ª xornada da LNB NorLeste. Castroverde 16.09.18

De novo as billardas brúan no ar!

Como preludio da nova tempada billardeira, comenzamos en Remourelle adicando os primeiros golpes en lembranza dun bravo palanador, pioneiro na recuperación deste noso xogo-deporte no “III Memorial Calvete“. Un puñado de amigos que compartimos tardes de xogo con él, acompañados da súa viuva Carmiña, rendímoslle unha merecida homenaxe ao tempo que dábamos o pistoletaxo de saída a liga 2018/2019 que comenzaría o día seguinte en Castroverde.
 O domingo 16 de setembro, como queda dito, arrincou a nova tempada da liga regular no campo de fútbol de Castroverde, donde os compañeiros da Asociación cultural “A chave das Noces” (seguindo o exemplo de Poio (Pontevedra), que foi o primeiro), tamén inauguraron un campo específico e permanente para a práctica de billarda.
Equipo  "Billarda Verde" no campo de billarda
Tarde expléndida na que se xuntaron 55 palanadores para disputar os primeiros puntos en xogo, entre eles, tres Campións da liga das Rías Baixas, Begoña, Ricar e Xan Rodiño que estiveron con nos.
Xan Rodiño fixo entrega a cinco palanadores da nosa conferencia (Daniel, Franco, Geni, Markytos e Xermán) de unhos diplomas conmemorativos por ter superado os cen encontros en liga.
Na foto falta Xermán que nun puido acudir.
E de seguido LUMEEE!
Por distintos motivos, algún dos equipos presentou baixas que mermaron as súas  posibilidades pero ainda e así a participación foi moi boa.
O campo de herba, ainda que moi ben acondicionado, nono puxo doado. Habilitáronse tres pistas simultaneas nas que as billardas con mais ou menos fortuna, sucaban o ar en busca do varal. Non houbo varado ningún, os especialistas rondaron preto mais sin fortuna.
Quen mais quen menos foi deixando polo camiño algún que outro punto chegando ao final das cinco carreiras regulamentarias con Albino (do equipo Carabullo) como gañador con 23 puntos de 25 posibles. Segundo foi Xan Rodiño con 21 puntos e para o terceiro posto xogouse un desempate entre Corton (de Chainzos-Cadaval), Manu (de Polka Miseria) e Oscar Trade (de Billarda Verde), ambolos tres con 20 puntos. Corton foi o mais regular e quedou en terceiro lugar.
         En donas, espectacular actuación de Paula (de Chainzos-Cadaval), que estivo moi atinada nun campo difícil, superando a Bego (Corredoiras de Bueu) e a Geni (Billardeiros Musicais).            
          Por equipos, comezan no primeiro posto os Chainzos-Cadaval, vencedores da xornada con 72 puntos, segundos Troitas Bravas con 70 puntos e terceiros Billardeiros musicais e Carabullo con 67 puntos.
          Entregáronse os premios os gañadores e rematamos en perfecta camaradería dando conta duns petiscos e unas birras compartidas.
          Antes da segunda xornada en A Pontenova, teremos un encontro no festival “Son Labrego” de Chantada o vindeiro sábado 22 deste mes de setembro. Billarda sempre!

 
 
 

No hay comentarios: