2018/10/30

3ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2018.19


 A Cadeira  27.10.18

Gran “Carabullada” en Trabada.

  No alto da Cadeira o frio e a neve obrigaron a desprazar a terceira xornada da liga regular da Conferencia Norleste para o pavillón deportivo de Trabada donde as billardas saen a fume de carozo esvarando polo chan.
Mirando como quedan os grupos no tabuleiro
Inevitable pois que este lugar cuberto servira para inaugurar o casilleriro de “Varados” e de forma contundente pois fixéronse un total de trinta e tres dianas directas con Coedo, Charli, Regueiro e Santi como máximos artilleiros da xornada (tres varados cada un deles).

Xornada excepcional a que protagonizaron as donas, todas elas alcanzaron un nivel altísimo. Mención especial para Paula, Lorena e Ana, gañadoras en donas por ese mismo orden e que ca súa excepcional xornada tiraron do carro de Chainzos-Cadaval no que os pesos pesados do equipo non sobresairon e pasaron sin pena nin gloria.
En equipos, Os Carabullo son os donos absolutos, gañan esta terceira xornada por equipos e consolídanse como serios aspirantes a destronar os sempiternos Billardeiros Musicais que por primeira vez na historia baixan ao terceiro chanzo da xeral ao ser superados tamén por os Troitas Bravas.
Comentando mentres se agardan o turno.
Moi boa actuación de Troitas Bravas e de Remourelle Bulls e moi meritoria tanto a de Billarda Verde como a de Polka Miseria que maila a súa corta plantilla de palanadores están dando a talla en todo momento.
Manu moi entregado.
Salientar por extrana e inusual a irregular actuación dos B.M. que notaron en demasía a falta de Markytos. Naide se lembra xa cando foi a derradeira vez que remataran unha xornada fora do podio o que leva a pensar si será realmente esta, a tempada en que os Musicais mariñans deixen de tocar a súa triunfal melodia.
Luis Saavedra en periodo de adaptación o novo equipo.
En individual Charli (actual campión da conferencia NorLeste) ainda que tivo que desempatar con Suso Coedo que lo igualou a puntos, foi o gañador poñendo o peche de ouro a gran xornada dos Carabullo, que por terceira volta consecutiva se impoñen en individuais, po terceiro posto foi tamén o carabulleiro Albino quen se impuxo noutro desempate con Chousa, Milio e Sachas.
A xornada estivo moi competida e acompañada polo estrondoso o petar do granizo no teito do pavillón que de cando en vez facía a súa aparición e deixou completamente cuberto de blanco os campos arredor do pavillón.
Entrega de premios ós gañadores e amodiño fumos saindo cada un para o seu lugar satisfeitos de unha nova emocionante e moi competida xornada billardeira.
Parabéns a todos e a festa billardeira seguirá en San Miguel o vindeiro sábado 10 de novembro ca cuarta xornada desta tempada.

No hay comentarios: