2018/11/13

4ª xornada da LNB NorLeste.Tempada 2018.19


4ª xornada da LNB NorLeste. San Miguel  10.11.18

Vai por ti compañeiro

   O tren da LNB con rumbo ao campo das Valgas de San Miguel de Reinante, tivo que desviar rumbo e dirixirse o pavillón deportivo donde se disputou a 4ª xornada da conferencia Norleste. Malia que a tarde era de bonanza, a choiva caida  a mañan (choiva caida xa xobre mollado), fixo imposible xogar sobre terreo de herba.
Antes de comenzar tivemos un sentido recordo para un compañeiro que nos ten dado moitas tardes de alegría e que desgraciadamente nos deixou moi cedo. En silencio e cos palans guindados no chan gardamos un minuto de silencio por él: Jorge Galdo, ganáchete un posto de honra na LNB e sempre estarás con nos. Descansa en Paz amigo!...
Fíxose o sorteo dos grupos, mais algo se torceo que fixo atrasar o comezo das carreiras mais do habitual, quizás o cambeo horario tivo moito que ver neste atranco; a favor que o xogar en pavillón, a falta de luz natural non nos iba amolar moito. Así pois, deuse a saída nun terreo ben coñecido por todos de xeito que se acadaron unhas puntuacións moi elevadas e sin grandes diferencias entre os palanadores, ao contrario do que soe pasar noutras superficies de terra ou herba.

Salientar o feito de que Albino dos Carabullo estase a consolidar como un sólido aspirante o podio final, a súa de hoxe foi una excelente actuación gañando con solvencia e encaramándose así o primeiro posto da clasificación, como si tal cousa, co seu pito na boca e ca súa tranquilidade, como si a cousa non fora con él. Especial mención tamén para Milio dos Bulls que fixo segundo, ainda que o veterán xogador dos Bulls si expresou sonoramente a satisfacción polo éxito da xornada. E unha gozada velo disfrutar cando o xogo se lle da ben contaxiando a todos ca sua ledicia. Terceira foi Geni (Billardeiros Musicais) que acadou un merecido terceiro posto na xornada malia a xogar algo mermada por mor dun menisco tocado que lle esta a dar bastante lata.
Moi boa a que xa ben sendo habitual prestación das donas en xeral, Paula (Chainzos-Cadaval) que atravesa un gran momento de forma, comenzou con dous varados e so o floxear na derradeira carreira permitiu que Geni cunha moi regular actuación a superara por dous puntos. Carme (Troitas Bravas) foi outra das mais destacadas e quedou terceira
En equipos, Billardeiros Musicais fixeron una boa xornada e gañaron por primeira vez en solitario esta tempada. Foron seis os  puntos de vantaxe sobre Troitas Bravas e Chainzos-Cadaval co que recuperan o segundo posto na xeral. 
Houbo tamén unha boa colleita de “varados” de todas-las feituras, algúns moi bos e outros que entraron guiados pola deusa fortuna, pero a sorte tamén se busca e as veces atópase ainda sin tela buscado.Todos puntuan de igual xeito sempre que a billarda traspase a liña de varal. Destacaron nesta faceta Milio, Muriego, Paula, Pepe de Outeiro e Regueiro con dous varados cada un. En total foron 17 os tiros directos.
Para a entrega de premios estivo presente o xefe do Servicio Provincial de Deportes de Lugo Manuel Otero Méndez (Manolo Cadramón), quen dirixiu unhas poucas verbas os presentes para agradecerlles e animalos a seguir traballando na recuperaciòn dos xogos tradicionais.
A vindeira proba billardeira será a disputa da XII Copa Cantábrica en Piedras Blancas (Avilés) o sábado 24 deste mes e xa para seguir ca liga regular agárdanos a 5ª xornada en Lugo o 1º de decembro. Saúde e bilarda sempre!

No hay comentarios: