2019/11/14

4ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2019.2020


4ª xornada da LNB NorLeste. San Miguel  9 novembro 2019
CHARLI: A ESQUERDA D’OURO DA LNB
O sábado pasado comenzamos a cuarta xornada da LNB no pavillón de San Miguel cun pequeño acto testimonial en contra da “Violencia de xénero”.
Xornada moi aberta e disputada como o son todas as que se desenrolan a cuberto da choiva e con sesenta e nove participantes en liza (cincoenta e tres homes, catorce donas e desta volta so duas cativas).
Ainda que toda a xornada estivo moi  emocionante polo incerto dos resultados, temos que subliñar tres pinceladas neste maravilloso cadro multicolor, protagonizadas por tres dos pintores mais salientables da LNB NorLeste.
A pincelada hoxe de cor grana, ainda que as veses e violeta ou morada, foi a impecable actuación da tricampiona Geni no retorno as canchas, logo dunha xornada de impas por mor da posta a punto dun xeonllo. So deixou escapar un punto (fixo vintecatro) e recuperou o mando na xeral de donas.
A pincelada verde puxoa Rubén, o bravo palanador de Chainzos-Cadaval, que deixou moi crariño que o “cero pelado” da xornada da Pontenova foi un mero e puntual accidente. Hoxe puxo as cousas no seu sitio con vintecatro puntos.
Finalmente e sin sairse das tonalidades hoxe mais ben oscuras (o negro dos Carabullo) a “esquerda de ouro da LNB”, Charli, o Yul Brynner de Ponte de Outeiro, non quixo recuncar no fiasco da derradeira xornada, donde tendo o triunfo na man, viuse relegado o terceiro posto e desta volta si rematou como o campión que é facendose ca xornada cun pleno de vintecinco puntos que por riba lle permite dar un bo chimpo, do décimo o cuarto posto da xeral.
Así o  viron dende a mesa de anotacións varios dos  xogadores/observadores na tarde do sábado.
Nun desempate para o segundo e terceiro posto do podio entre Geni e Rubén, foi a ribadense quen se fixo co segundo posto.
No tocante a equipos, os Billardeiros Musicais prolongan a sinfonía ca que comenzaron na derradeira xornada e voltaron a mandar por riba de Carabullo e de Chainzos–Cadaval co que se aupan o mando da taboa de clasificacións.
Cando errras un golpe o mellor e tomalo con humor.
As donas, una volta mais lucíronse en San Miguel, boa xornada para todas elas destacando ademais da xa mentada Geni, Chinita (Troitas Bravas) e Lucia (Remourelle Bulls), (ou Lucía e Chinita, que tanto monta... xa que as dúas acadaron cadanseus dezaseis puntos). 
Maricarme tivo unha moi boa actuación
En infantís moi aceptable tamén as prestacións de Aroa,  unha xoia que comeza a brilar con luz propia e que mais cedo que tarde nos vai dar moitas tardes de groria.
Houbo tamén unha man de tiros directos, mais soamente un foi contabilizado como “varado” e de novo o autor de semellante proeza foi Chousa de Carabullo.
Rematada a xornada, o seleccionador Manolo Flores fixo entrega aos gañadores do aberto de unha artística figura e mais unha ristra de chourizos.
Subliñar que os Billardeiros Musicais dedicaron nesta ocasión a victoria a un querido compañeiro que recentemente nos deixou. “Descansa en Paz Julio, a túa entrega e simpatia estará sempre na nosa memoria”.
A vindeira proba billardeira será o próximo sábado16 de novembro ca 5ª xornada da liga regular en Lugo e o sábado seguinte, a disputa da XIII Copa Cantábrica en Piedras Blancas (Avilés). Saúde e bilarda sempre!

No hay comentarios: