2019/10/29

3ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2019.20


3ª xornada da LNB NorLeste. (A Cadeira)  Trabada 26.10.19
 Concertazo dos Billardeiros Musicais en Trabada
  Desta volta non foi o frio nin a neve, un fallo no sistema de comunicación levaron a LNB ao pavillón deportivo de Trabada para disputar a terceira xornada da tempada billardeira. Unha mágoa xa que o día inmellorable convidaba a xogar fora e así o manifestaron algúns xogadores que non entenderon moi ben o porqué de meternos dentro, tendo a caron un campo de fútbol valeiro...(¿?)
Xornada moi áxil e disputada e xa dende o comezo (facilitado polo esbaradizo do chan) foron moitos os tiros directos que superaron o varal, uns por dentro, para ledicia dos venturosos  e outros por fora, para fastidio dos malfadados palanadores.
Único vardo da tarde acadado por Chousa
Subliñar que seguindo o acordo tomado a principios de tempada, xogando en pavillón, só se consideran “varado” os tiros directos que crucen a liña de varal sin tocar no chan e daquela, ainda que foron moitos os que entraron no primeiro golpe, so un perfecto golpe de Chousa lle permitiu acadar o primeiro e único varado da tempada.
Actuación moi irregular como ven sucedendo cando se xoga en pavillón. Cando sobra forza, falta precisión e cando a puntería e boa falta forza, chámalle medo ou precaución, pero quen mais quen menos, coida moito o xeito de golpeala billarda e tamen mostra distintas caras según sexa o resultado do golpe.
Van pasando as carreiras e a falta da derradeira, a Daniel e MarKytos con dezanove puntos so os superaba Charli con vinte, polo que o “carabullo”, seguindo na súa liña semellaba telo doado, mais non foi o caso, unha cativa saída e un erro no segundo golpe, estragaron a súa oportunidade facendo so tres puntos e como os dous “musicos billardeiros” fixeron cadan seus catro remataron os tres empatados a vintetrés puntos.
Este feito causou extrañeza e mereceu distintos comentarios entre os mais veteráns e sesudos palandores que hoxe se deron cita.
Desempate pois a cara de can (deportivamente se entende) a tres carreiras que deixou este podio: Daniel, Markytos, Charli.
 En equipos, os Billardeiros Musicais tiveron a tarde e deron o do de peito acadando unha das puntuacións mais altas dende que se usa esta modalidade de puntuación (90 puntos sobre cen, só superada por este mismo equipo nas tempadas 2015-16 e 2016-17), Chainzos-Cadaval e Carbullo completaron o podio con 84 e 83 puntos.
En donas, nesta xornada en xerald de boas puntuación para casi todas elas, destacaron Sandra, Paula e Vivi. A ausencia da intratable Geni relegouna o terceiro posto da xeral xa que tanto Paula como Dori, aproveitaron para adiantala e poñerse ao mando na táboa de donas.
Os infantís van entrando en xogo e participando cada vez en maior número polo que o futuro da billarda está asegurado; nesta tarde se viron favorecidos pola bonanza do chan e remataron cunha boa actuación. Destacaron Marcos, Mateu e Aroa e amosaron boas maneiras Iker e Maré.
Suso Villarino fixo os honores entregando uns saquetos de castañas os gañadores e así rematou esta terceira xornada da LNB.

No hay comentarios: