2020/01/18

7ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2019.2020


Castro de Riberas de Lea 11.01.2020
Xan Rodiño gaña mais Regueiro non afrouxa

Na 7ª xornada da LNB acadouse o maior rexistro histórico de participantes na conferencia NorLeste. Un total de 86 palanadores disputaron no vello campo de fútbol de Castro de Riberas de Lea o “X aberto da Pita de Mos”.
A conferencia NorOeste estivo amplamente representada con dez palanadores.
Tres do equipo “APB Sta. Marta” de A Laracha: Merche, Xulio Vilas e Roi.
 Cuatro de “Campo da Feira” de Paiosaco: Collazo, Xulio Ponte, Enrique e Montes.
Tres de “Filloas de Sangue” da Coruña: Lois Fontán, Gándara e Landras.
Pola conferencia Rías Baixas acompañounos o todoterreo Xan Rodiño, do equipo “Lúa de Forza” de SanXenxo.
Malia a bonanza do tempo e que o campo se atopaba en boas condicións, as puntuacións foron algo cativeiras. So oito palanadores fixeron vinte ou mais puntos, os locais Regueiro e Charli  que afianzan a súa posicion no primeiro e segundo lugar da táboa e un de cada unha das conferencias visitantes, Xan Rodiño e Collazo.
Regueiro e Charli de poder a poder .
O podio que saiu do desempate, disputado baixo luz artificial, quedou repartido entre as tres conferencias: gañador Xan Rodiño (Lúa de Forza), segundo Collazo (Campo da Feira) e terceiro Charli (Carabullo). Regueiro non disputou o desempate. Marchou satisfeito con manterse primeiro e sin ceder terreo a Charli que sigue segundo a seis puntos.

Por equipos dominaron amplamente os Carabullo con charli, Chousa, Migho e Javi Morán con 20 ou mais puntos, o que lles permite desprazar a Troitas Bravas (a ausencia de Sachas notouse en demasía) e compartir o segundo posto con Chainzos-Cadaval,  a so dous puntos dos Billardeiros Musicais que seguen o mando. Calquera destos catro teñen potencial dabondo para clasificarse e acadar o campionato pero un, ten que quedar fora daquela agárdase unha loita titánica ata final de tempada.

Irea, a benxamín de Carabullo, mantén a boa forma que a levou a acadar o terceiro posto en Santiago e xoga de ti a ti cas veteráns, foi a mellor das donas destacando por riba de Ana, Geni e Paula que so puideron seguir a súa estela no día de hoxe.
Os infantís van paseniño mellorando a súa participación, tanto en número como en calidade; destacaron Marcos (Troitas Bravas), Aroa (Billardeiro Musicais) e Diego (Madia Leva).
Polos anfitrións, Chainzos Cavadal, cabe subliñar a actuación de Cortón como mellor xogador local
e a Rubén que acadou o único varado da tarde.
 O remate da xornada, D. Francisco Balado, alcalde de Castro de Rei e Mario do clube de bolos “O Cadaval”, encargáronse da entrega dos agasallos aos gañadores:
Galo de Mos para  1º Xan  Rodiño (Lua de forza de SanXenxo),
Galiña de Mos para Collazo (Campo da Feira de Paiosaco) como 2º. 
Para Irea (Carabullo) como mellor dona.
Para Cortón (Chainzos-Cadaval) como mellor xogador local.
Dúas duceas de ovos para 1º equipo Carabullo de Ponte de Outeiro e unha dúcea para os locais Chainzos-Cadaval como 2º equipo.
A vindeira xornada xogarase o domingo 2 de febreiro no aberto do lacón, “III Memorial Pepe de Meira”. Parabéns e billarda sempre.

No hay comentarios: