2020/02/05

8ª xornada da LNB NorLeste. Meira 2 de febreiro de 2020


XI Trofeo “Lacón de Meira” (III Memorial Xosé da Flor)
OS TROITAS BRAVAS ANIMAN A COMPETICION
Logo de voltas e mais voltas, non foi posible atopar donde xogar fora. O equipo local xogaba na casa o domingo día 2 de febreiro e daquela  o campo de fútbol estaba ocupado.
 Disputouse no pavillón deportivo de Meira a oitava xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste  e de novo a participación foi moi numerosa; desta volta foron 80 os palanadores que se achegaron para a disputa do torneo do lacón (57 homes, 16 donas e 7 infantis).
En individuais o triunfo foi para Noé que gañou sobradamente cun pleno de vintecinco puntos, seguido de Xan Rodiño con vintetrés e para o terceiro estaban empatados, Charli, David Navallo e Regueiro  con vintedous puntos, Charli foi o mais efectivo nas carreiras de desempate e acadou o terceiro chanzo do podio.
En donas, Paula non puido manter a súa regularidade e a musical billardeira, Geni que sin presa pero sin pausa viña remontando nas derradeiras xornadas, deu o golpe de gracia hoxe e volta a estar primeira, que é o seu lugar natural tempada tras tempada. Segunda foi Lola Eiras (Billarda Verde) e terceira Vero (Chainzos-Cadaval).
En infantís foi Marcos (Troitas Bravas) o mais atinado, seguido de Aroa (Billardeiros Musicais) e de Mateu (Madia Leva).
En equipos, ós Troitas Bravas saiulles a conta redonda xa que ós vintecinco puntos de Noé sumáronlle os vintedous de David Navallo e de Regueiro e os vinteún de Toño para facer un total de 90 puntos co que borran a negativa actuación da anterior xornada en Castro, igualan a marca acadada polos Billardeiros Musicais na terceira xornada da tempada e ainda que siguen fora apertan a clasificación para quedar a so dous puntos da terceira plaza e a cinco do primeiro posto. Segundo e terceiro foron Billardeiros Musicais e Carabullo ámbolos dous con 79 puntos a once dos campións de hoxe.
Antes da entrega de premios, Xan Rodiño, da conferencia Rias Baixas, quixo en nome de toda a LNB  agasallar a un novo palanador en recoñecemento ao seu compromiso co xogo da billarda: Ismael de Crabullos cumpliu a sua xornada núm. 100 en conpetición oficial. Parabéns
Rematou a xornada ca entrega de premios: Houbo lacón para os tres primeiros clasificados, para a primeira dona Geni (que acadou tamén vintedous puntos) e para o primeiro equipo os Troitas Bravas de A Pontenova.
Para a novena xornada, estreamos escenario. Desprazarémos ata Riotorto donde por primeira vez se fará un encontró de billarda da LNB e xa temos a Sachas en pleno proceso de meditación para que este aberto saia como ten que ser e que os Troitas sigan subindo postos cara a clasificación para as finais de Santiago. Parabéns a tódolos palanadores e billarda sempre. Vémonos.

No hay comentarios: