Uns “Carabullo”
lambóns non deixan catala “ Tarta”
Correspondente a LNB
NorLeste, o sábado 7 de marzo, disputouse no campo de fútbol “Viñas da Veiga”
de Mondoñedo a décima xornada deste
tradicional xogo-deporte que un puñado de amigos alá polo 2005 se propuxeron recuperar e hoxe en día e todo
un acontecemento social que move masas.
Ainda que os
derradeiros coletazos do antroido baixaron un pouquiño a participación, foi
unha xornada concurrida donde se achegaron sesenta e oito participantes que
viron en primeira liña (e padeceron en carne propia) como o tsunami dos
Carabullo de Ponte de Outeiro, pasaba arrasando a tódolos rivais sen
miramento ningún. Gañaron en tódalas categorías agás en infantís, na que este ano
non presentan a naide.
En individuais repartíronse os postos deste
xeito: primeiro Javi Morán como abandeirado cun pleno de vintecinco puntos,
seguírono Charli e Albino a so un punto e Migho puxo outros vinte puntos que os
levan a un total de noventa e tres cos que, por riba de se afianzar no primeiro
posto, acadan e igualan os Billardeiros Musicais ca mellor puntuación nunha
xornada da LNB que dende a derradeira xornada da tempada 2015/2016 tiñan no seu
poder os mariñáns.
En donas foi Irea (unha
xoven promesa xa feita realidade) a dominadora da xornada superando a tódalas rivais
ca súa acertada actuación, segunda foi Paula e terceira Chinita.
En infantís Marcos de
Troitas Bravas da A Pontenova segue no seu camiño cara o título de liga, foi
mais unha volta o gañador da xornada, segunda foi Aroa e terceiro Mateu.
Julio, un histórico que retoma a competición |
Nun terreo, no que se
puido xogar cas medidas regulamentarias de 50 x 20 m. era farto dificil acadar
varados e non se rexistrou ningún esta tarde.
Xermán Viluba, presidente da asociación “O varal” e palanador dos Remourelle
Bulls, fixo entrega aos gañadores das tartas de rigor e de un ”botelo”para o
equipo gañador.
A vindeira cita será o “Día das Estrelas 2020” que se traslada
este ano a conferencia NorOeste, será en Carballo o 21 deste mes de marzo, donde
se dean cita tódalas as estrelas da Billarda das tres actuais conferencias.
Sorte a Billarda semepre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario