2020/02/18

9ª xornada da LNB NorLeste. Tempada 2019-2020


I Trofeo dos Ferreiros de Riotorto”
CHARLI E OS CARABULLO POÑENSE O MANDO
Xa choveo dende que en setembro de 2010 unha incipiente LNB se presentou en Riotorto co gallo de darse a coñecer e espallarse por todo o territorio.
Algúns dos pioneiros en xogar a billarda en Riotorto
 Daquela foron quince os palanadores implicados naquel primeiro “torneo das asociacións" que será recordado mais que polo agasallo dun fouciño o gañador, pola trabada que "o Pinto" de Flores lle deu nunha canela a Ginés.
Así quedou a canela de Ginés logo do bico do "Pinto"
Dez anos despois, xa consolidada e gozando de unha excelente saúde, a LNB voltamos a terra dos ferreiros, xa en competición ligueira para disputar a novena xornada da LNB NorLeste.
O xerme de aquelos quince deo abondante fruto, e converteuse en setenta e catro palanadores (55 homes, 14 donas e cinco cativos) sobre o campo de fútbol  “A Veiga” o sábado 15 de febreiro.
O forte vento da xornada quixo darnos unha trégola e voltouse soave salaio nun campo un tanto húmido e mol que nembargantes nos permitiu xogar sin moitos sobresaltos.
Estiveron cerca do podio con 21 puntos
En xeral non houbo grandes puntuacións agás Charli que fixo vintecatro puntos de vintecinco posibles, Markytos e Seixas con vintedous (no desempate o mariñan gañou o segundo posto) e Jorge e Chousa con vinteún. O líder Regueiro pinchou inesperadamente e Charli  co seu trunfo úpase o primeiro posto e  dalle un bo empurrón os Carabullo que tamén saen líderes de Riotorto confirmando o tan afamado dito de “Na casa do Ferreiro, coitelo de pau”.
 AS MAIS VETERANS  DEIXARONSE VER EN RIOTORTO
En donas, Geni esta en modo campioa e voltou a gañar sumando un punto mais sobre Paula, terceira foi Lorena e o resto de donas hoxe estiveron bastante discretas.
En infantís, mais unha volta foi Marcos (Troitas Bravas) o mais atinado e a bastante distancia seguiuno Aroa (Billardeiros Musicais). O resto de cativos tivérono moi complicado e ainda que rondaron o varal, non chegaron a puntuar.  
En equipos, como xa dixemos sairon gañadores os Carabullo, segundos Billardeiros Musicais e terceiros Chainzos-Cadaval, que deixan a clasificación nese mismo orde, e moi perto agardando un erro de calquera deles os Troitas Bravas que siguen loitando por acadar posto de finalista.
Regueiro acada a xornada numero 100 en competicion oficial.
En Riotorto, o bravo palanador Regueiro recibiu un agasallo por ter cumpridas as cen xornadas en competición oficial e súmase deste xeito a outros seus compañeiros  para formar parte xa da historia viva da LNB. Os nosos parabéns!
Sachas entregando un "billardín" a cada cativo
 Sachas, verdadeiro e imprescindible artífice na organización deste evento, foi o encargado xunto co alcalde do Concello e un representante da asociación de ferreiros, de entregar os premios os gañadores, (uns artísticos trofeos de ferro e madeira), pero antes tamén fixo entrega de uns pequenos agasallos (figuriña en madeira de un palanador) os cativos que veñen participando na liga da billarda.
        Para a décima xornada, vamos a Mondoñedo o 10 de marzo. Parabéns de novo e graciñas a Riotorto e subliñadamente a Sachas polo bo traballo feito e pola boa acollida dispensada a LNB. Vémonos.

No hay comentarios: