2021/10/05

2ª xornada da LNB Norleste. A Pontenova 03-10-2021

                                                  Carabullo incendia A Pontenovoa

Cando se comenta algún deporte que resulta duro  e dificultoso, sempre se dí que os tal (ciclistas, alpinistas, etc) son de outra madeira, pois bén, o mesmo habería que decir dos palanadores que se enfrontan a calquera tipo de climatoloxías, en calquera tipo de terreo, con herba alta, furados, pedras (cañós as veces), en costa ou chan, etc.

Non vou a decir co de hoxe sexa o caso, en A Pontenova, o terreo de herba atificial estaba perfectamente acondicionado e malia que a choiva que por veces nos visitou, corta en duración pero intensa por momentos, facía esbarar as billardas, nada impediu que se disputara a xornada programada. Finalmente resultou magnífica; ambiente como sempre estupendo, amigable e cordial entre todos.

O domingo 3 de outrubro como digo, o tempo satisfizo tódolos gustos (por veces quetou o sol e por veces choveo a rego cheo) disputouse no campo de fútbol da Mina, en A Pontenova, o X Aberto do Ferro, correspondente a segunda xornada da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste.

Desta volta ata un total de 86 palanadores, se xuntaron en busca das afamadas navallas de José Rodil. Non faltaron a cita algúns compañeiros da conferencia NorOeste dos equipos de Campo da Feira de Paiosaco e Filloas de Sangue da Coruña.

            Feito o sorteo e antes de que as billardas comenzasen a voar, rendiuse un momento de silencio en rocordo do compañeiro recentemente falecido “Suso Coedo” do equipo Billardeiros Musicais de Ribadeo, D.E.P.  "que a Terra che sexa leve, sempre seguirás con nos".

     

         Nun escenario perfectamente axeitado polos anfitrións Troitas Bravas, acadaronse altas puntuacións nos postos do podio, os “Carabullos” Manu Caldeiro e Isma (24 puntos para eles) disputaron o 1° posto, nun desempate no que a xuventude do “miniChousa” se impuxo a veteranía do de Outeiro. Terceiro posto para Basilio (Billardeiros musicais) con 23 ptos.

          Na categoría de donas, trocou o conto, igualmente empate na cabeza, pero desta volta a seriedade e firmeza de Carme (Troitas bravas) puido ca impulsiva xuventude de Aroa (Billardeiros Musicais), ámbalas dúas acadaron 16 puntos, terceira e sempre rondando os primeiros postos tamen, foi Paula (Chainzos-Cadaval).

Aroa repetiu podio en categoría infantil, desta volta ocupou o primeiro posto seguida de  Mateu e de Diego (os dous de Madia Leva).

En canto a equipos, os Carabullo de Ponte de Outeiro, logo de pasaren toda a noite de repousada meditación, chegaron dispostos a confirmar que merecidamente son poseedores do título de Campións da derradeira e incompleta tempada xogada e foron donos do encontro gañando cunha diferencia de once puntos sobre Troitas Bravas e de catorce sobre Billardeiros Musicais, segundo e terceiro respectivamente. De seguir neste estado de gracia non haberá quen lles tusa.

Sachas visionando o varal.

Non é doado facer un tiro directo e que traspase o varal, nembargantes no campo das Minas, unha billarda, impulsada polo poderoso brazo de Sachas acadou tal fazaña, cruzou como un lóstrego o varal para anotar o primeiro “varado” da tempada. Os vítores e aplausos dos xeareiros foron tal que ata as nubes se desfixeron e por un anaco quentou o sol.

Eco da Minas (con un intruso). Carme disputaba o título de donas

A asociación “Ecos das Minas” puxo o seu musical grao de área para que a xornada fora completa, interpretaron con moito gusto e bo xeito varais pezas do noso folclore. Na foto falta Carme, que nese momento estaba disputandolle o primeiro posto a Aroa. Un osado intruso se colou na formación por un momento.

Houbo agasallos para tódolos cativos participantes, a mais dos correspondentes os campións,  xogos de billarda e chaveiros “Billardin” para eles.

Agradecementos para: Son Saude, L3DP e Eocae S.L. patrocinadores dos trofeos e agasallos, os gaiteiros de “Ecos das Minas” o equipo anfitrión “Troitas Bravas” pola impecable organización do aberto e parabéns para os campións e participantes en xeral desta marea billardeira que non para de medrar. De seguido estupendo, abundante e gustoso xantar de irmandade para pechar como se merece esta fantástica xornada billardeira. BILLARDA SEMPRE!

No hay comentarios: