2021/11/15

3ª xornada da LNB NorLeste. 14 novembro 2021

 

Aberto do Miño, Lugo 14.11.21

Troitas Bravas, moi cómodas perto do Miño

No campo municipal de Nadela, déronse cita 75 palanadores (cikncoenta e tres homes, vinte donas e so dous cativos) para a disputa do “X trofeo Cidade de Lugo” de billarda, agora “Aberto do Miño”.

Madia Leva, equipo organizador, axeitou catro campos que presentaban abondosas calveiras de céspede nalgún deles. Mañá desanxelada e fría que a multicolor serpe da LNB soupo quentar co voo das billardas surcando o grisáceo ceo. Finalmente Lourenzo fíxose presente querendo saudarnos  antes de rematar a xornada.

No deportivo, os Troitas Bravas de A Pontenova, nadaron ben e gañaron a xornada superando por un punto os grandes trunfadores da xornada anterior os Carabullo de Ponte de Outeiro, terceiros foron  Chainzos-Cadaval de Castro de Rei.

 Tamén os Troitas acadaron o primeiro e segundo posto no podio.

 David Navallo foi o merecido campión  que soio se deixou levar un punto nas cinco carreiras. 

Regueiro tamén de Troitas e Daniel de Billardeiros Musicais, remataron empatados a 23 puntos polo que tiveron que xogar dúas carreiras de desempate. Seguiron empatados  rompendo cada un o saque do compañeiro. Na definitiva foi o da Pontenova quen estivo mais acertadose e gañou o segundo posto.

En donas gañou Paula de Chainzos-Cadaval, que manten sempre un alto nivel de xogo .
Segunda foi Aroa (Billardeiros Musicais), ainda que é infantil, está acadando un alto nivel de xogo, o que a leva a manter na actualiodade o liderato de donas empatada a puntos con Paula.
e terceira  foiAna  do equipo  anfitrión Madia Leva.  

En infantis, de novo gañou Aroa que deixou uns cantos golpes de verdadeira campioa. Hoxe non tivo moita competencia na categoría posto que faltaron moitos dos habituais cativos.

Martín de Troitas Bravas, foi un dos poucos cativos que participaron na xornada.

Cabe subliñar as altas puntuación acadadas por un bo número de palanadores que se achegaron ou mesmo superaron os vinte puntos na xornada de hoxe, o que fixo enormemente complicado e competido pillar o podio. O campión fixo 24 de 25 puntos posibles, o segundo e terceiro fixeron ábolos dous 23 puntos e logo un ronsel de palanadores con 22, 21 e 20 puntos.

 Pola contra tamén algún dos que soen puntuar alto, hoxe complicóuselles a xornada e quedaron moi lonxe do seu natural rendemento.

Seixas foi un dos damnificados hoxe, no seu caso por estar mancado, ainda así  non deixou de xogar e fixo o que puido xogando ca man esquerda.
Carlos tamén xogou mermado de facultades físicas, pero no se veu abaixo. Bravo por eles.

             Cerrouse a xornada ca entrega dos agasallos por parte do equipo anfitrión e con medallas conmemorativas para tódolos infantís participantes, rematando con un xantar conxunto.
A Copa Cantábrica  en Asturias queda adiada polo que a vindeira xornada corresponde facela en Ribadeo o 12 de decembro. Billarda sempre e adiante co Varal!!

No hay comentarios: