2024/02/02

7ª xornada da LNB NorLeste. Castropol 28.01.2024

 No campo da Paloma, brilaron as Troitas Bravas.

 Despois do éxito da pasada tempada, a LNB volta a Castropol para celebrar o segundo aberto en terras Asturianas e ainda que alguén nas redes sociais puido querer sementar algún tipo de confrontación (polo tema lingüistico), nada mais lonxe da realidade. Na billarda non hai clases nin distincións. Todos somos iguais e disfrutamos do xogo e das xuntanzas como un grupo de amigos e si alguén ten dúbida, que veña xogar con nos e quedará convencido. Temos as portas abertas sempre. 


Como sempre os Troitas Bravas deron o do de peito para sacar adiante este magnífico aberto ca inestimable colaboración do Concello. Parabéns compañeiros. Organización perfecta.


O tempo estupendo para xogar a billarda ainda que o bravo terreo puxo abondos atrancos os 65 palanadores participantes (44 homes, 13 donas e 8 cativos).


Grandes e pequenos o pasamos ben, cada un o seu xeito, ainda que uns mellor que outros dependendo sempre de como lle foi nas carreiras.




Tres palanadores sobresairon por riba dos mais. Sachas (Troitas Bravas) por cuarta xornada consecutiva sube o podio, desta volta no mais alto cun pleno de 25 puntos. Con vintecatro e despois dun desempate, Basilio (Billardeiros Musicais) e Muriego (Remourelle Bulls) foron os seus acompañantes.

En donas, Sandra (Troitas Bravas) fixo o propio co seu compañeiro e superou a Cris e a Vanesa (as dúas de Castiñeiro Milenario).

Podio infantil e demais cativos participantes no aberto.

En infantis, como sempre os cracks Mateu e Diego (Madia Leva) impoñen a súa lei, Alejandra (Troitas bravas) foi terceira.



Malia as dificultades e a bravura do terreo, outra Troita Brava, Tonho, foi quen de facer un Varado, o terceiro que se acada na tempada.

Troitas Bravas

Billardeiros Musicais


Madia Leva

E por equipos, para completar a exitosa xornada, novamente Troitas Bravas suben o mai alto, por diante de Billardeiros Musicais e de Madia Leva, consolidándose na primeira posición da xeral e aumentando a súa vantaxe que ahora é de seis puntos sobre o segundo, o resto de equipos quedan xa a unha considerable distancia.

Don J.Antonio Martínez Rodríguez (Antón), concelleiro de deportes de Castropol, participou na xordada como un palanador mais e mostrou moi boas maneiras zoupándolle a billarda. O remate do encontro  foi quen fixo a entrega dos agasallos os gañadores do aberto.

O peche d'ouro da xornada non podía ser outro que celebrando un xantar conxunto como o demostran estas fotos que "roubo" os compañeiros de Troitas.  




 A liga regular retómase o dia 25 de febreiro en Riotorto. Billarda sempre! 

No hay comentarios: