2024/04/14

10ª xornada ds LNB NorLeste. San Miguel 23.03.2024

                           MILIO, O “COROCEIRO”  REXURDE EN SAN MIGUEL

  O “XIII Aberto de billarda de Flores” do pasado 2 de de marzo que tivo que ser adiado,  disputouse este sábado día 23  no campo das Balgas de San Miguel de Reinante con asistencia masiva de palanadores, subliñadamente un bo puñado de rapaces de corta idade, algúns que collían o palán por primeira volta. En total xuntámonos 80 xogadores, 51 homes, dezanove donas e 10 cativos.

  Terreo en boas condicións nun día frio e ventoso que ainda que para nada desluciu a competida xornada, si puxo atrancos o voo das billardas facéndolles por veces beilar o seo antoxo.

  O actual “Coroceiro” Milio, rematou con 23 puntos o igual que Noé e os dous agardaban ó remate da carreira de Basilio que ía de pleno, mais ó mariñán púidolle a presión e so fixo dous puntos que non eran dabondo e so puido disputalo terceiro posto con Juanki.

    

   Así pois nos desempates o resultado foi de Milio (Remourelle Bulls) primeiro, Noé (Troitas Bravas) segundo e Basilio (Billardeiros Musicais) terceiro.


   En donas, maxistral xornada de Vanesa (Castiñeiro Milenario). Con 21 puntos superou a  Aroa (Billardeiros Musicais) e a súa compañeira de equipo e lider das donas Cris


    En infantís, botouse en falta os campións de Madia Leva (Diego e Mateu), o que permitiu que os Troitas Bravas coparan o podio infantil con Martin  Sandonguero, Antía e Alba.


   Por equipos mais unha volta mostraron ser superiores os Troitas Bravas, que con trinta participantes (o 37% do total), non deron chance a ningún equipo, Billarda Rio Miño seguiunos de lonxe e terceiros os billardeiros Musicais.

     

   O seleccionador Manolo Flores foi o mestre de cerimonias na entrega de premios ós gañadores. Parabéns a tódolos participantes, subliñadamente os que fixeron podio.

   A vindeira xornada será o sábado 20 de abril en Ponte de Outeiro. Saúde e bilarda sempre!

No hay comentarios: