2024/05/14

12ª e derradeira xornada da LNB NorLeste tempada 2023.2024

               Remourelle 11 maio 2024  XIV ABERTO  “O COELLO DE SUSO”

            BASILIO, AROA, DIEGO E TROITAS BRAVAS CAMPIONS DA TEMPADA

      Remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle nunha animada tarde con  sesenta e nove palanadores presentes (corenta e sete homes, quince donas e sete cativos).

Tres imprescindibles nun momento de relax

         Fóronse rematando os grupos con Regueiro dominando o grupo seis e facendo pleno de puntos (so Markytos foi quen de seguilo de perto) e a súa compañeira, a infantil Antía, dominando xunto con Maricarmen o grupo dous. Antía fixo 23 puntos sendo a segunda clasificada da xornada.

        Con un desempate entre Manolo, Aroa e Markytos, resolveuse o terceiro chanzo do podio sendo o tricampión nacional quen se fixo con el.

Podio da xornada: Regueiro, Antía e Markytos

          En donas Aroa, foi a mellor seguida de Maricarmen e de Pamela. Este trunfo permitiulle a ribadense superar a Cris (que a aventaxaba en dous puntos) na xeral  e quedar como campioa da tempada, xa que logo Cris segunda  e terceira Vanesa.

Aroa escoltada por Cris e Vanesa, podio da tempada

           En infantis brilaron sobremaneira dúas estrelas, as troitiñas Antía e Alba quedaron por riba de Mateu e de Diego nesta xornada ainda que os campións da tempada xa estaban decididos. Diego, Mateu e Alba, tiñan puntos abondos para non ver peligrar o campionato, como así foi.

Podio infantil da tempada: Diego , Mateo e Alba

        En equipos tamén estaba todo dito. Campións os Troitas Bravas de A Pontenova, seguidos dos ribadenses Billardeiros Musicais e dos lucenses de Madia Leva. Hoxe os campións voltaron a ser os mellores da xornada, Billardeioros Musicais segundos e estreando podio  Billarda Verde de Castroverde.

Os Troitas Bravas recuncan como Campións

           Hoxe a pista algo mais curta permitiu cos especialistas acadaran sete tiros directos e con tres palanadores empatados a dous varados, houbo que recurrir a  un desempata para saber quen era campión. Charli con dous varados mais, superou a Toño e Morás e fíxose co título.

Charli, Campión de Varados e terceiro na xeral

    Chegou o momento dos campións e Basilio foi quen de aguantar o tipo, aumentando ainda a ventaxe que tiña con Sachas, e Cortón que iba de terceiro viu o rexurdir de Charli e como o zurdo d'ouro dos Carabullo lle pasaba pola dereita sin contemplacións e se facía dono do terceiro posto.

                    Muriego e os Bulls, quixeron facer un pequeno recoñecemento por un lado a Esther, unha das derradeiras incorporacións dos Troitas Bravas, polo seu empeño en chegar o varal ca billarda e pola súa entrega en cada un dos encontros e tamén a Delfranco, un dos palanadores mais veteráns da LNB que nos acompaña dende casi o comenzo desta máxica aventura billardeira. Ambolos dous recibiron un pequeno agasallo. E que siga a festa!


       E sin mais deuse paso a
entrega de agasallos os gañadores e a torrezmada de costume ca que remata esta tempada chea de emoción e de tantos valores emerxentes que van tomando o relevo dos veteráns.

       Agradecer o Concello de Ribadeo os trofeos donados, a Suso Villarino e a tódalas persoas que fan posible que esta tolemia da billarda siga para diante. Graciñas . Billarda sempre e adiante co Varal.

Vémos o domingo 26 en Santiago no “II GRAN ABERTO NACIONAL”

No hay comentarios: