Sachas confirma o seu liderato e gaña.
O cambio de data por dúas voltass fixo extragos na participapción de moitos e notables palanadores que tiñan compromisos previos, subliñadamente dos Billarda Rio Miño, que non tivo ningun participante e Madia Leva, que so mandou a Mateu. Tamen os demas equipos en xeral se presentaron escasos de palanadores. ainda con tódolos atrancos foi unha moi emocionate e competida xornada.
![]() |
Palandores no campo da Paloma de Castropol |
O Troita Brava Sachas comenzou forte e so cedeu dous puntos nunha carreira, co que se fixo gañador da xornada (con 23 puntos) e confirma ese gran momento de forma que atravesa camiñando firme cara o título da tempada.
![]() |
Sachas, Trofeo ,Ostras e limón pa suavizalas. |
Felix e José María (dous Billardeiros Musicais) non lle andiveron moito a zaga, pois ambos fixeron 21 puntos e tiveron que loitar nun desempate polo segundo e terceiro chanzo do podio. José María hoxe aproveitou a oportunidade e foi mellor co seu compañeiro e daquela estrea podio na primeira tempada que participa. Felix xa que logo rematou terceiro
En donas a gran Alba non tivo o día e foi Cris de Castiñeiro Milenario a millor, logo dun desempate con Pamela (Troitas Bravas) e a terceira foi Milagros (Carabullo).
En infantís, Mateu (Madia Leva) non tivo atrancos para subir mais unha volta o podio como gañador e os Troitiñas Mateo e Martín acompañárono.
![]() |
Billardeiros Musicais |
En equipos, estivo a cousa moi parella entre os dous primeiros da xeral e so por un punto (80 e 79) os Billardeiros Musicais superaron aos Troitas Bravas. Un pouso mais lonxe Carabullo (66) ocupou o terceiro posto.
Fixo a entrega de agasallos D. J.Antonio Martínez Rodríguez (Antón), concelleiro de deportes de Castropol, que desta volta non puido participar xogando por mor dunha lesión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario