Charli, inmenso en Castro
Despois de varias tempadas sin aberto de Liga, voltamos a Castro de Riberas do Lea, da man dos compañeiros de "Billarda Rio Miño ca disputa do "I Aberto do Miño" e non se podía pedir mellor retorno xa que se bateu a marca de palanadores da tempada cun total de cento seis (70 homes, 22 donas e 14 cativos).
Xuntámonos os nove equipos do Norleste, catro da liga Atlantica do NorOeste (Campo da Feira, Cochiqueiros, Filloas de sangue e Foucellas) e un das Rias Baixas ( Lua de Forza); en total quince compañeiros non habituais.
![]() |
Viqueira do equipo Cochiqueiros de Cerceda acadou o 3º chazo do podio |
Perante toda a mañá acompañounos un choviscar miudiño e intermitente que nos amolou abondo, impedindo que as puntuacións en xeral foran altas, nembargantes non foi quen de impedir que o aberto fora todo un éxito con dous xigantes disputándose o podio: Charli e Bonxe, con cadanseus 24 puntos, xogaron un desempate a dúas carreiras e dado que tamén empataron con un xogo para cada un, xogaron unha terceira que agora si caeu do lado do primeiro. O terceiro chanzo, con 21 puntos, foi para Viqueira (de Cochiqueiros de Cerceda).
Cabe subliñar un momento expectacular e fortemente aplaudido polos presentes, que xamais viran tal cousa, un golpexo TRIPLE que rematou traspasando o varal e o artista que tal fixo, non foi outro que Morás de Madia Leva.
![]() |
Morás en modo xenio. |
As donas tampouco destacaron hoxe pola puntuación e o podio quedou conformado por Irene (compañeira de Viqueira en Cochiqueiros) que fixo trece puntos, seguiuna Alba de Troitas Bravas con doce e Cris de Castiñeiro Milenario no terceiro caixón con 10 puntos.
En infantis, Mateo de Troitas Bravas, cada volta se asenta mais e xa é quen de tutearse cas dúas estrelas de Madia Leva. Hoxe gañou por riba de Mateu; e Migui, do equipo anfitrión "Billarda Rio Miño" estivo tamén moi acertado a so un e dous puntos respectivamente dos anteriores.
![]() |
Martín (no posto de Mateu) Mateo e Migui. |
Os “Carabullo” presentáron hoxe un equipo bastante completo e cos 24 puntos de Charli e os 20 de Santi, mais a axuda de Albino e Javi Morán, gañaron por equipos con cinco puntos por riba de “Billarda Rio Miño” e seis de “Troitas Bravas”.
Ca entrega de agasallos os gañadores (a que se achegou o Sr. Alcalde, que nos felicitou e animou a seguir fomentando a billarda e ó que agradecemos a súa boa disposición para con nos), rematou esta xornada pasada por auga, agardando xa as vindeira en Castropol o vindeiro domingo 23 e a de Bretoña o sábado 8 de marzo. Parabéns a todos e Billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario