13ª xornada da LNB NorLeste. Muimenta 26 abril 2025
MARKYTOS E CARABULLO OS AMOS EN MUIMENTA
No campo de fútbol “O Pichón” de Muimenta, xuntámonos 68 palanadores para a disputa do XI aberto “A TERRA NON SE VENDE” (47 homes, 14 donas e 7 cativos).
Fermoso e soleado sábado para a práctica deportiva e soamente contra o final da xornada quixo Eolo facernos unha visita e xogar un pouco el tamén coas billardas.
Subliñar que o equipo anfitrión, os "Carabullo" se presentaron con todo o seu arsenal en pleno, loitando polo seu aberto, e abofé que o conseguiron facéndose xustos gañadores con 82 puntos, tres mais que Billardeiros Musicais e sete por riba dos líderes Troitas Bravas.
E tamén en individuais o seu zurzo d'ouro Charli (que subio o podio no terceiro chanzo con 23 puntos), loitaba no primeiro grupo e non lle quitaba ollo o segundo donde se atopaba o rival a bater, Sachas, que foi perdendo folgos nas derradeiras xornadas e hoxe non puido pasar dos dezaoito puntos co que Charli está xa a so un punto na xeral. Remourelle será quen dicte sentencia polo campionato. Sorte os dous unicos candidatos o título de Campión 2025.
Máxima emoción tamén nos grupos 5 e 6. Markytos nun e Mateu no outro mantiñan unha loita particular por acadar o pleno da xornada. O xoven Mateu perdeu a opción na terceria carreira donde Milio e Dani de Carabullo se lle adiantaron a entrar no varal; nembargantes o infantil de Madia Leva alzouse ó segundo posto da xornada con 24 puntos.
No grupo seis Markytos si que foi quen de redondear a xornada acadando o terceiro pleno da tempada (so ó tiñan conseguido Charli e Manu Pozo). De non ter perdido dúas xornadas de liga, hoxe de seguro estaría loitando polo título, ainda así está asentado no top dez.
![]() |
Cris, Raiña do Castiñeiro |
En Donas Cris (Castiñeiro Milenario) foi a mellor con 15 puntos seguidas das musicais Billardeiras Dori e Aroa con 14 e 13 puntos respectivamente.
En canto os cativos, o segundo posto na xornada de Mateu deulle por suposto o primeiro en infantis, secundado por dúas Troitas Bravas, Antía que perdera algo de folgo pero que sempre está aí e polo bravísimo Roi que nos deleitou cuns primeiros golpes extraordinarios ainda que logo fíxose de rogar para entrar no varal.
![]() |
Charli 3º, Markytos 1º e Mateu 2º |
Solo hai un varado na tempada pero e moi posible que se fagan varios en Remourelle así que en caso necesario, poderá haber desempate ata acadar un so Campión. Billarda sempre e adiante co Varal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario