2025/05/27

XIV Xornada da LNB NorLeste. Remourelle 10 maio 2025

 XV ABERTO  “O COELLO DE SUSO”

 

    Remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle nunha tarde algo fría mais sin apenas choiva.

    Dado que  os demás podios estaban xa de antemán ocupados, o mais emocionante da xornada estaba en ver si Charli sería quen de desbancar a Sachas do liderato visto como lle viña comendo terreo nas últimas xornadas ata quedar a un so punto do talentoso Troita.

Podio da xornada con Lola: 3º Charli  1ª Sandonguero  2º Navallo

    O zurdo dos Carabullo estivo moi concentrado mentres que o Troita Brava parecía ir xogando a defensiva e pendente do marcador do seu rival. Rematou a conta cun Charli moito mais acertado que xa na segunda carreira se puxo por diante e por riba pechou a tarde cun espectacular e vistoso golpe doble co que acadou os cinco puntos que o consolidaban como campión da tempada. Sachas non puido conservar o posto que ocupara casi toda a tempada e rematou segundo. O terceiro posto foi par un moi regular  Albino.

Podio da tempada: 2º Sachas 1º Charli 3ª Albino

    Para o aberto de hoxe, destacaron cun triple empate os Troitas Sandonguero, David Navallo e o Carabullo Charli que logo de xogar tres carreiras remataron deste mismo xeito conformando o podio da xornada.

Podio tempada donas. 2ª Geni - 1ª Alba - 3ª Cris

    En Remourelle resoou con forza no podio a música das tres billardeiras, Geni, Dori e Aroa que o coparon en propiedade convertendose nas Raiñas da xornada e como gañadoras da tempada quedaron a Troitiña Alba,  a tricampioa nacional Geni e a estrela Castiñeira Cris.

Mateo de promesa a xa FIGURA 

    En infantis hoxe dominaron os Troitas con Mateo e Roi superando a Mateo de Madia Leva, mentres a tempada rematou con Mateu e Diego (que xa tiñan seguro o primeiro e segundo posto no campionato)  e con o troitiña Mateo (a gran revelación da tempada) de terceiro.

Troitas Bravas

    Como estaba xa escrito, quedaron por este orden Troitas Bravas, Billardeiros Musicais e Carabullo tanto na xornada como no campionato.

Markytos Campion de Varados

   En Remourelle sempre se fixeron abundantes Varados mais hoxe, ainda que se buscaron, naide foi quen de desbancar a Markytos como campión da tempada, xa que foi o tricampión nacional o único que acadou un tiro directo nas catorce  xornadas disputadas.

Xerman len lembranza de Suso Villarino

    Emotivas palabras do presidente de O Varal, Xerman Viluba e do alcalde de Ribadeo, Dani Vega en lembranza de “SuSo”, verdadeira alma mater da billarda, como preludio da entraga de premios e agasallos e da gran torrezmada ca que se cerrou a tempada 2024.2025 a falta da gran festa Billardeira do vindeioro domingo 25 de maio, no "III Gran Aberto Nacional” en Santiago. Billarda sempre e adiante co Varal. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario