III GRAN ABERTO NACIONAL DA LNB
FELIX COROCEIRO NACIONAL, AROA RAIÑA DAS DONAS
E TROITAS BRAVAS O EQUIPO MAIS FORTE
A guagua da LNB partiu puntualmente cara o Castiñeiriño, logo de ir recollendo palanadores polo camiño ata casi encher a súa capacidade para xuntarse no campo do Atlético Fátima cos outros palanadores que xa se atopaban agardando polo comezo da xornada.
Saímos ca mosca na orella por mor do tempo que ameazaba choiva, mais afortunadamente foi todo o contrario; Lourenzo mais unha vez fixo acto de presencia e nos acompañou toda esta xornada na Gran Festa Billardeira 2025, donde 88 palanadores de toda Galiza nos xuntamos para loitar en busca da Coroza Nacional.
Completáronse os grupos ca xente que non se tiña anotado e demos comezo, gardando un respetuoso minuto de silencio en memoria de Suso Villarino e de Mario Rodríguez, dous dos grandes valedores e impulsores da recuperación da billarda.
A mañá xogáronse os oito grupos dos que sairon os 32 mellores para disputar as eliminatorias da tarde. Nesta primeira selección xa quedaron fora algunhos dos que se esperaba chegaran algo mais lonxe como Pepe Outeiro, Luis, Pablo Lobo, Manu Pozo ou Juan Carlos entre algún outro.
![]() |
Dous dos aspirantes que quedaron fora das eliminatorias |
Nembargantes sobresairon e dominaron os seus respectivops grupos, dous infantís, o Troitiña Mateo e a Gharabotiña Aldara, ámbolos dous coparon o primeiro e segundo posto na súa categoría de infantís, deixando o terceiro posto para o gran Mateu de Madia Leva.
![]() |
Mateo revelación da tempada e Campión infantil |
As puntuacións das donas na fase de grupos, tamén determinaron xa o podio femenino que quedou conformado por Aroa (Billardeiros Musicais) con 13 puntos, que manten o título de Campioa de donas que xa acadara o ano anteiror, Irene (Cochiqueiros) con 12 puntos e Delia (Rio Miño) con 11 puntos.
![]() |
Podio donas con a infntil Aldara |
![]() |
Así quedaron as eliminatorias para a xornada de tarde. |
Chegou a hora do descanso para xantar e relaxarse antes da xornada de tarde, cada quen buscou acomodo e non faltou a música de fondo.
![]() |
Antía (Gharaboto) foi a única dona que participou en Varados. |
Para comenzar a tarde fixemos un concurso de varados. Cinco tiros alternativos dos tres mellores presentes de cada unha das conferencias e ainda que se viron moi bos tiros, desta volta naide foi quen de furar o varal polo que o posto quedou deserto.
Os trinta e dous clasificados da mañá, comenzaron a loita a dúas carreiras con outra mais en caso de empate e finalmente de persistir o empate, ó tiro mais longo para, en cada eliminatoria ir reducindo os participantes a metade ata quedar quedar so un gañador en cada campo. Os catro superviventes foron: Charli (Carabullo), Bonxe (Billarda Rio Miño), Felix (Billardeiros Musicais) e San Rodiño (Lua de Forza).
![]() |
Gran loita de poder a poder e en ámbolos dous enfrentamentos empate con unha carrreira gañada por cada un dos contrincantes. No desempate, Bonxe e Félix sairon gañadores e pasaron a xogar a gran final. Charli e Xan Rodríño loitarían pois polo terceiro posto.
![]() |
Félix a punto de ser coroado polo Coroceiro sainte David Navallo. |
Felix golpeou primeiro e apuntouse a carreira. Na segunda Bonxe saiu con un bo tiro e Félix fixo un golpe cativeiro deixando a billarda moi perto da saída e escorada a dereira. Segundo golpe, erro de Bonxe e Félix aproveita poñendo a billarda perto do varal. Terceiro golpe de Bonxe que entra e Félix contesta entrando tamén. Empate e victoria final para o Avó dos Billardeiros Musicais que acada o título de Coroceiro 2025.
![]() |
Bonxe-Félix-Charli |
En equipos, estivo reñida a competición con unha lixeira vantaxe dos tres primeiros clasificados sobre o resto de equipos, sendo os Troitas Bravas de A Pontenova os que acadaron o primeiro posto con 55 puntos, superando os actuais campións Billardeiros Musicais de Ribadeo (52 puntos) e a Cochiqueiros de Salceda (50 puntos).
![]() |
Campións TROITAS BRAVAS de A PONTENOVA |
![]() |
Subcampións BILLARDEIROS MUSICAIS de RIBADEO |
![]() |
3º Clasificasdos COCHIQUEIROS de CERCEDA |
![]() |
Avó e neta, Grandes Campións Nacionais 2025 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario