2025/10/27

1ª xornada de LNB NorLeste. A Pontenova 26 outubro 2025

 1ª xornada da LNB NorLeste. A Pontenova  26-10-2025

Markytos recunca e acada a 2ª navalla

       Xa era tempo de comezar esta tempada logo de ter anulado (¿?) as dúas xornadas anteriores. Había fame de billarda e ata o tempo que amiazaba temporal, fixo unha trégola e como si quixera bendecir o comezo, amagou mais non chegou a mollarnos.


   
     Malia a susencia do equipo de Billarda Rio Miño que tiña outro compromiso e que por suposto botamos en falta, a concurrenica foi notable con setenta e dous palanadores en xogo (50 homes, 16 donas e 6 cativos) que deron o mellor de si.

                                    
    O comezo foi esperanzador con un primeiro Varado acadado por Marcos, o gran palanador do equipo anfitrión que marcou o camiño a seguir, mais so foi un espellismo porque a cousa quedou aí e como non podía ser doutro xeito, a inactividade notouse nas puntuacións que foron polo xeral cativeiras. So os tres que subiron o podio acadaron vinte ou mas puntos. 

                         

    Algúns dos infantis, deixaron xa de selo e xunguíronse os maiores e tamén vimos algunha cara nova, que nos gusta e nos enche de fachenda por seguir medrando. Benvidos a todos.


    O novo sistema de limitar a seis o numero de golpes, ainda que non foi do gusto de todos, si que foi ben aximilado e non houbo maiores complicacións no funcionamento do aberto.

                                                         
    O gañador absoluto da “navalla” foi Markytos (Billardeiros Musicais) con 24 puntos seguido de Seixas (Billarda Verde) e de Gundar (Madia Leva), ámbolos dous con 20 puntos e que xogaron un desempate para definir o posto que tiñan que ocupar no podio.

                              
    En donas domino do equipo de Castiñeiro Milenario que puxo a Cris como primeira e a Vanesa como terceira, deixando o segundo posto para Alba de Troitas Bravas.


    En infantís, foi o equipo anfitrión o único que presentou palanadores e polo tanto o podio foi monocolor, cos tres artistas Roi, Mateo e Martin, equiparándose os mellores con golpexos dignos de envexa. O pequeno gran Martín a dúas maus e todo un espectáculo de entrega e bo facer. Bravo campións!
 

    En equipos os ribadenses Billardeiros Musicais comezan gañando este primeiro duelo gracias a gran actuación do tricampión nacional Markytos e ainda superando a pouca aportación dalgunha das súas figuras que hoxe non estiveron atinadas. Superaron os actuais campións Troitas Bravas (que tamén notaron en demasía a inactividade competitiva) e os lucenses de Madia Leva.


    Logo da entrega de agasallos ós gañadores, emplazámos para o vindeiro encontro en Penas de Rodas o vindeio domingo 9 de novembro.  Vémonos. Billarda sempre e Adiante co Varal!


No hay comentarios:

Publicar un comentario