2025/10/24

Disque a terceira vai a vencida

      Agardamos que a terceira vaia por fin adiante o comezo da tempada da LNB NorLeste, e para facer boca o sábado 25 de outubre, haberá un aberto en Baleira co gallo da 8ª Feira do mel da montaña para todo  aquel que queira comprobar o seu estado de forma cara a liga que comeza.

     Cabe subliñar que algún dos nosos planadores, participaron en abertos da liga Federada, donde acadaron moi bos resultados. Así na xornada núm 2 xogada na Laracha, Felix e Dori  foron os gañadores absoluto e femenino e Delia quedou nun meritorio 3º posto en donas, ademas os Billardeiros Musicais quedaron segundos por equipos a so un punto dos gañadores.

      Asimismo, no II Campionato Galego que se celebrou en Castro de Riberas de Lea o pasado 27 de setembro, quedou campión o equipo anfitrión de Billarda Rio Miño revalidando o título  que xa tiña no seu poder e como Campión absoluto quedou Daniel de Billardeiros Musicais.



   Con Daniel como campión, subiron o podio Lu (Lúa de Forza) como 2ª e Outeiro (Corredorias) como 3º. Parabéns a todos eles e sorte para a nova tempada. Billarda sempre!

No hay comentarios:

Publicar un comentario