I Trofeo dos Ferreiros
de Riotorto”
CHARLI E OS CARABULLO POÑENSE O MANDO
Xa
choveo dende que en setembro de 2010 unha incipiente LNB se presentou en
Riotorto co gallo de darse a coñecer e espallarse por todo o territorio.
Algúns dos pioneiros en xogar a billarda en Riotorto |
Daquela foron quince os palanadores implicados naquel primeiro “torneo das asociacións" que será recordado mais que polo agasallo dun fouciño o gañador, pola trabada que "o Pinto" de Flores lle deu nunha canela a Ginés.
Así quedou a canela de Ginés logo do bico do "Pinto" |
Dez
anos despois, xa consolidada e gozando de unha excelente saúde, a LNB voltamos
a terra dos ferreiros, xa en competición ligueira para disputar a novena
xornada da LNB NorLeste.
O
xerme de aquelos quince deo abondante fruto, e converteuse en setenta e catro
palanadores (55 homes, 14 donas e cinco cativos) sobre o campo de fútbol “A Veiga” o sábado 15 de febreiro.
O
forte vento da xornada quixo darnos unha trégola e voltouse soave salaio nun
campo un tanto húmido e mol que nembargantes nos permitiu xogar sin moitos
sobresaltos.
Estiveron cerca do podio con 21 puntos |
En
xeral non houbo grandes puntuacións agás Charli que fixo vintecatro puntos de
vintecinco posibles, Markytos e Seixas con vintedous (no desempate o mariñan
gañou o segundo posto) e Jorge e Chousa con vinteún. O líder Regueiro pinchou
inesperadamente e Charli co seu trunfo
úpase o primeiro posto e dalle un bo
empurrón os Carabullo que tamén saen líderes de Riotorto confirmando o tan
afamado dito de “Na casa do Ferreiro, coitelo
de pau”.
AS MAIS VETERANS DEIXARONSE VER EN RIOTORTO |
En
donas, Geni esta en modo campioa e voltou a gañar sumando un punto mais sobre Paula,
terceira foi Lorena e o resto de donas hoxe estiveron bastante discretas.
En
infantís, mais unha volta foi Marcos (Troitas Bravas) o mais atinado e a
bastante distancia seguiuno Aroa (Billardeiros Musicais). O resto de cativos
tivérono moi complicado e ainda que rondaron o varal, non chegaron a puntuar.
En
equipos, como xa dixemos sairon gañadores os Carabullo, segundos Billardeiros
Musicais e terceiros Chainzos-Cadaval, que deixan a clasificación nese mismo
orde, e moi perto agardando un erro de calquera deles os Troitas Bravas que
siguen loitando por acadar posto de finalista.
Regueiro acada a xornada numero 100 en competicion oficial. |
En
Riotorto, o bravo palanador Regueiro recibiu un agasallo por ter cumpridas as
cen xornadas en competición oficial e súmase deste xeito a outros seus
compañeiros para formar parte xa da
historia viva da LNB. Os nosos parabéns!
Sachas entregando un "billardín" a cada cativo |
Sachas, verdadeiro e imprescindible artífice
na organización deste evento, foi o encargado xunto co alcalde do Concello e un
representante da asociación de ferreiros, de entregar os premios os gañadores, (uns
artísticos trofeos de ferro e madeira), pero antes tamén fixo entrega de uns
pequenos agasallos (figuriña en madeira de un palanador) os cativos que veñen
participando na liga da billarda.
Para
a décima xornada, vamos a Mondoñedo o 10 de marzo. Parabéns de novo e graciñas a
Riotorto e subliñadamente a Sachas polo bo traballo feito e pola boa acollida
dispensada a LNB. Vémonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario