2021/12/21

4ªxornada da LNB NorLeste.

Ribadeo 19 decembro 2021

Ai queTroitas...! Recuncan podio

Era visto. Mais de quince días chovendo sin trégola foi abondo motivo para que o campo de Outeiro na Devesa, quedara completamente anagado e se tivera que adiar a 4ª xornada da LNB NorLeste.

  Así pois o “XIV Aberto do Galo” celebrouse o domingo dezanove aproveitando que o tempo nos deu un pouco de respiro con un día de sol espléndido.

       Malia que o troque de data sempre trae algunha  complicación, a participación foi boa acadando un total de sesenta e oito palanadores (49 homes, 16 donas e 3 cativos).

O ter catro campos de xogo simultaneos, a xornada fuxiu a fume de carozo. Cando nos dimos conta xa tiñamos acabado e malia que xa non había auga no campo os Troitas Bravas nadaron mais bravas ca nunca e gañaron con 82 puntos (a estos pedazos de craks sentoulles tan ben  bicar os laureles da groria na derrradeira xornada que quixeron recuncar nesta) por diante de Billardeiros Musicais (81 puntos) e de Chainzos Cadaval (74 puntos). 

Nembargantes, tiveron que loitalo duramente pois o nivel dos palanadores cada volta e mais alto e un golpe mellor ou peor dado pode chimparte ó podio ou deixarte a velas vir.

 

Tanto é así que os catro mellores da xornada so se distanciaron en un punto. Dous con 23 e outros dous con 22.

  
          Javier (Chainzos-Cadaval) gañoulle a Toño (Troitas Bravas) as dúas carreiras polo primeiro posto e Basilio (Billardeiros Musicais) a súa vez tamen gañou as dúas carreiras a Gándara (Filloas de Sangue) acadando o terceiro posto.

Para as donas hoxe non foi o millor día, Aroa e Geni (Bill. Musicais) foron as mais destacadas deixando como terceira a Vivi (Chainzos-Cadaval).

E en infantís repetiu Aroa, poseedora de unha depurada técnica, que cos seus golpexos fortes e precisos cara o varal está acaparando a maioría dos podios. Seguiuna o seu compañeiro de equipo Xoel, que hoxe debutaba e fíxoo con nota, terceiro foi Roi (Troitas Bravas).


 Os poderosos brazos de Charli, Sachas, Basilio, Bonxe, Félix, etc. etc. zouparon con forza nas billardas, mais como era de esperar non houbo “varados”. Non é doado facer un tiro directo a 50 metros en campo de herba e co chan algo blando ainda por efecto da xeada.
Rematamos ca entrega de agasallos. Para o Campión foron “o galo” (desta volta non cantou xa que trocou en figuriña en loza) e un lote de productos de Nadal. 
O segundo e terceiro así como o equipo da xornada, recibiron tamén sendos lotes surtidos de productos do Nadal.

          A liga regular retómase en xaneiro co Aberto da Pita de Mos en Castro de Riberas de Lea e temos que notificar que non se vai  xogar o sábado 15 de xaneiro senon o domingo 16 as 11:00 para non rematar ca noite como soe suceder.
          Desexamos a todos un BO NADAL e  ANI NOVO FELIZ. Billarda sempre!

No hay comentarios: