2022/02/25

5ª xornada da LNB. Noreste. Mondoñedo 12.02.2022

 Charli e “Carabullo” dominan en Mondoñedo

        O sábado 12 disputouse no campo de fútbol “Viñas da Veiga” de Mondoñedo  a quinta xornada da LNB NorLeste. E vai aló unha década dende que por primeira vez as billardas da LNB cruzaban os ceos da alameda dos Remedios.


Este foi xa a XI aberto da Tarta no que un total de 65 palanadores se deron cita (5 cativos,13 donas e 47 homes).

A suspensión  da xornada anterior, foi razón mais que xustificada para que os palanadores debeceran por xogar, e quizás, foi motivo de que moitos se precipitaran no golpexo da billarda perdendo efectividade. As puntuación non foron tan altas como era de agardar nunha tarde moi axeitada para a práctica deportiva e co do terreo de xogo en excelente estado.

Emocionante e loitada de poder a poder, a xornada cumpriu e Mondoñedo foi testemuña do nacemento dunha nova estrela billardeira.

MATEU, un dos benxamíns da conferencia (do equipo de Madia Leva de Lugo), acadou a segunda mellor puntuación da tarde xunto a Daniel de Billardeiros Musicais (22 puntos cada un) con que disputou o segundo e terceiro posto do podio. Finalmente non puido co campión nacional, mais deulle guerra, gañoulle unha carreira  e  forzou un novo desempate. Primeiro foi Charli de Carabullo con 23 puntos acadados.

En donas Irea (Carabullo) con 19 puntos seguida de Aroa (Billardeiros Musicais) con 18 e de Tania (Troitas Bravas) con 8 puntos.

En infantís, dominio de Mateu (Madia Leva) segunda Aroa e terceiro Diego (Madia Leva).

O triunfo de Carabullo en equipos, permítelle dar un chimpo e comandar a clasificación xeral, segundo Billardeiros Musicais e terceiro Madia Leva.

 O seleccionador Manolo Flores  xunto con Merce de Mondoñedo, fieron  entrega aos gañadores das tartas de rigor.

A vindeira cita será  o sábado 5 de marzo2022 co aberto de Flores en San Miguel de Reinante. Sorte a Billarda sempre!


No hay comentarios: