2022/11/01

3ª xornada da LNB NorLeste

MOSTEIRO-POL, 30 OUTUBRO 2022

A TERCEIRA, OS CARABULLO SUBIRON O CEO


        En Mosteiro, hai dous campos de fútebol que serían lugar axeitado para acoller a terceira xornada da LNB NorLeste, nembargantes algun atranco burocrático ou de xestión (¿quizais unha broma so Samain?), relegou aos noventa e un palanadores que se deron cita nesta ocasión a xogar ao caron deles, nun espacio un tanto reducido para tanta xente, de maneira que houbo que axeitar so tres pistas e reducir os oito grupos habituais a so seis 
(moito mais numerosos, de quince e dezaseis palanadores cada un deles).


        Foron sesenta e tres homes, dezaoito donas e dez cativos menores de catorce anos os que deportivamente loitaron de igual a igual nun terrero humedecido e ca herba abondo esponxosa, sendo os da Pontenova os que mais palanadores presentaron así como o maior número de cativos (vintetrés maiores e seis cativos).

Un dos mais cativos

Franco, dos mais veteráns

        Comenzamos con puntualidade prevendo que a xornada se iba alongar, e así foi, mais disfrutamos dun día agradable e soleado donde as novas incorporacións se van afacendo a mecánica do xogo.

Carolo, un dos novos


        Non houbo grandes puntuacións hoxe. So Charli e Sachas acadaron superar os vinte puntos. Para o terceiro posto desfíxose un triple empate a tres carreiras entre Xosé Manuel, Dani Morán e mais Gundar, 
sendo este derradeiro o que logrou a victoria.
        
Dani Morán volta con forza a competición.

        Cada un dos tres equipos do podio, colocou a un dos seus xogadores no mismo posto individual. Charli e o seu equipo “Carabullo” foron os gañadores. Sachas e “Troitas Bravas” segundos e Gundar e “Madia Leva” terceiros (si ben estos derradeiros empatados a puntos cos “Billardeiros Musicais”.

A victoria de hoxe, aupa os Carabullo o primeiro posto da xeral

        En  donas, Billardeiros Musicais copou o podio con Aroa, Geni e Dori (esta compartindo posto con Juncal de Castiñeiro Milenario).


        En infantís, Mateu de “Madia Leva”, vai con paso firme afianzándose no primeiro posto, desta volta escoltárono Alba e Antía, as dúas de Troitas Bravas. Diego, un habitual no podio infantil, hoxe non estivo moi acertado.

O futuro da billarda

        Ainda que a tempada acaba de comezar, os habituais van xa copando os primeiros postos da clasificacion xeral, na que aparece tamén algún dos novos valores como Gundar, Aroa e algun outro que veñen mostrando unha moi boa progresión no seu xogo.

Sachas, un valor referente dos Troitas

        O terreo non estaba para moitas florituras e non se rexistrou ningún “varado” na xornada de hoxe.

A dereita Gundar, un dos novos valores da LNB

         Recibiron uns vistosos e artesanais agasallos os tres primeiros tanto en absoluto como en infantís e tamén o primeiro equipo clasificado.

Kiko, outro dos históricos


Ana, xa ben integrada

        A seguinte xornada vémonos en Lugo o domingo 13 de novembro. Billarda sempre e adiante co Varal!

No hay comentarios: