XI Torneo Cidade de Lugo. Aberto de billarda do Minho
CASTIÑEIRO MILENARIO COLOCA A PABLO LOBO NO MAIS ALTO E MADIA LEVA CÓLASE NO SEGUNDO CHANZO POR EQUIPOS.
O domingo 13 de novembro de 2022 celebróuse a 4ª xornada da LNB da conferencia NorLeste. Foi no campo de fútebol de Nadela, en perfectas condicións para a práctica da billardadonde e donde se deron cita 86 palanadores de tódalas idades (53 homes, 20 donas 11cativos).
 |
Mark, un dos atractivos desta tempada, con golpes e movementos de crack. |
As previsións de auga non se cumpriron e tampouco arredaron aos valentes palanadores que puntualmente se achegaron ao campo de batalla (deportiva se entende) para rematar unha xornada histórica.
 |
Pablo Lobo, o gran tiunfador da xornada. |
Histórica foi para Castiñeiro Milenario que estrea podio con Pablo Lobo aubeando no mais alto e ca consolidación do equipo anfitrión “Madia Leva”, como equipo revelación, que tenta achegarse aos tres dominadores da liga. Hoxe foron segundos a tan so catro puntos dos Troitas Bravas que gañaron e un punto por riba dos terceiros, os Carabullo. |
O pequeno "Grande equipo de Castiñeiro Milenario" moi ledo co trunfo de Pablo. |
Estranamente as grandes estrelas da liga Norleste, Charli, Sachas, David Navallo, Manu Caldeiro, Regueiro, Manu Pozo, etc. hoxe estiveron mais apagadas do que soen estar e non se luciron nas puntuacións e en consecuencia, houbo lixeiros bailes entre os dez primeiros clasificados da xeral, ainda que non moi significativos.
 |
Pablo Lobo, escoltado por Chousa e Alvariño no podio de hoxe.
|
A Pablo Lobo (23 puntos), acompañouno Chousa como segundo, desaparecido xornadas astrás, semella que volve a senda dos elexidos e o irreductible Carlos Alvariño foi terceiro e puido finalmente lanza o seu ritual Auuuuú... desde o terceiro chazo do podio.
 |
Ana, foi segunda en donas
|
En donas, Geni (Bill.Musicais) foi a millor da xornada, a local Ana segunda e Irea (Carabullo) terceira.
 |
Os infantís demostran a sua calidade en cada aberto.
|
Na categoria infantil, Antia (Troitas Bravas) que ven mellorando aberto tras aberto, colouse meritoriamente entre as figuras locais Mateu e Diego.
 |
O equipo anfitrión "Madia Leva". |
Os anfitrións “Madía Leva” tiñan dispostos uns artísticos e artesanais agasallos que entregaron aos tres primeiros clasificados e mais o equipo campión da xornada.
A seguinte xornada está programada para o 26 deste mismo mes en Mondoñedo. Un sábado no que tentaremos de dar comezo as 15:00 h. para non ter que rematar cos fachos acesos. Saude e billarda sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario