6ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 12.01.2025
Charli e Carbullo fanse co aberto do Galo
Fermposo domingo nos acolleo no campo de fútebol de Outeiro, no XVII aberto de billarda do Galo, torneo “Vila de Ribadeo correspondente a sexta xornada da LNB da conferencia NorLeste.
Logo de pasadas as festas de Nadal e Aninovo, voltamos a competición billardeira cunha nova xornada donde os Carabullo foron os mellores e como no, capitaneados polo seo zurdo d’Ouro, Charli, que fixo pleno de 25 puntos, coparon os primeiros postos tanto por equipos como individual.
Para completar o podio, houbo que recurrir a un desempate entre Sachas, Luis, Markytos e Santi con cadanseus vintedous puntos..Santi ausentouse así que a loita quedou reducida a tres e desos foron os troitas os que deixaron fora a Markytos nun competido desempate.
Por equipos acompañaron os Carabullo os Troitas Bravas e os Billardeiros Musicais.
En donas, Alba segue dando a de cal en cada encontro e asentase merecidamente no primeiro posto. Segunda foi Geni e terceira Milagros.
En infantis, o troitiña Mateo, vai facéndose cun posto entre os mellores, hoxe foi segundo po detrás de Mateu, superando incluso a unha figura como Diego, que tivo que conformarse co terceiro posto empatado a puntos con Martín (outra troitiña que nos engaiola cos seus certeiros golpes a billarda).
Logo da entrega de premios do competido aberto, fixemos unha comida conxunta e moi emotiva donde, rendimos un cálido homenaxe a unha das figuras mais veteráns e admiradas da LNB: o italo-galego Delfranco Mangiavacchi Santoni, alias Franco, que deixa de competir, ainda que agardamos que non de xogar de cando en vez.
O vindeiro domingo día 26, agárdanos unha nova xornada en Castropol (Asturias).
Parabéns a todos e Billarda sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario